Notas de prensa

A mostra fotográfica 'Xeometría Natural' descobre os conceptos matemáticos que viven agochados na natureza

Un ducia de fotografías captadas por Inmaculada Gutiérrez, Pilar Moreno, Leopoldo Martínez e Lucía Morales, que descobren na natureza elementos xeométricos, simetrías e outros conceptos matemáticos integran a mostra ‘Xeometría Natural’, inaugurada este mércores 8 no claustro alto do Colexio de Fonseca, e que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 5 de abril.

A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, presidiu o acto inaugural acompañada pola decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón; pola profesora María Elena Vázquez Abal, coordinadora do Nodo de Galicia do proxecto ‘Marzo, mes das Matemáticas’; e polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

Pilar Murias salientou "o fermoso que é descubrir que baixo cada imaxe hai unha mensaxe matemática que nos permite interpretar a natureza" e considerou "fundamentais este tipo de exposicións para rachar con certos prexuízos que hai arredor das matemáticas". A decana da Facultade, Elena Vázquez Cendón, chamou a descubrir esta mostra que "activa moito os cinco sentidos e amosa como gozamos coa beleza a xente das matemáticas".

Inmaculada Gutiérrez, Pilar Moreno, Leopoldo Martínez e Lucía Morales son as persoas autoras das imaxes que poderán ser visitadas de balde entre as 11.00 e as 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Os textos integrados nesta exposición, promovida pola Facultade de Matemáticas da USC, foron escritos por Pedro Alegría, Raúl Ibáñez e Marta Macho; mentres que Carla Garrido encargouse da maquetación. As locucións son obra de César Goldi (voz) e Juanjo Fernández (gravación e efectos sonoros).

Esta mostra foi elaborada para o proxecto ‘Marzo mes das matemáticas’ pola Rede de Divulgación Matemática DiMa e patrocinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). A coordinadora do Nodo de Galicia do proxecto, María Elena Vázquez Abal, destacou que todos os contidos xerados no proxecto están a disposición na súa web en acceso aberto e en todas as linguas cooficiais da contorna estatal.

O 26 de novembro de 2019, na súa 40ª Conferencia Xeral, a UNESCO proclamou o 14 de marzo como o Día Internacional das Matemáticas, a proposta da Unión Matemática Internacional (IMU). Esta efeméride dedícase cada ano a unha temática especial, tratando de espertar a creatividade e mostrando as conexións entre as matemáticas e todo tipo de campos, conceptos e ideas. Seguindo este eixo temático téñense impulsado diversos eventos en todo o mundo e, dende a rede DiMa, propúxose a organización de todo un mes (marzo) de actividades de divulgación matemática, entre as que se atopa a mostra ‘Xeometría Natural’. A exposición conta tamén co apoio da Xunta de Galicia.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES