
A institución compostelá intégrase neste consorcio e súmase á listaxe de nove institucións que xa formaban parte da alianza: Birmingham, Cologne, Florence, Konstanz, Murcia, Linnaeus University, Nantes Université, Semmelweis University e Taras Shevchenko National University of Kyiv.
Queremos facer unha contribución tanxible ao desenvolvemento de EUniWell como unha universidade europea verdadeiramente integrada e de pleno dereito que teña un impacto social significativo dentro da UE e que tamén se estenda ás rexións periféricas con pobos pequenos, poboacións dispersas e áreas predominantemente rurais para apoiar a estas rexións no desenvolvemento do seu potencial, afirmou o reitor Antonio López. Coa incorporación da Universidade compostelá, EUniWell pasa a estar integrada por 330.000 estudantes e case 60.000 membros procedentes dos respectivos cadros de persoal das institucións que a compoñen.
EUniWell, unha das preto de medio cento de alianzas universitarias financiadas dende 2020 pola Comisión Europea ao abeiro do programa ERASMUS+, utilizará a fortaleza colectiva para dar forma ao futuro da educación superior en Europa situando o benestar no centro da súa actividade investigadora, docente e de intercambio internacional. Co seu enfoque no benestar, EUniWell responde ao convite do Consello da Unión Europea para que os estados membros adopten un enfoque horizontal, intersectorial e baseado no coñecemento para promover a 'Economía do Benestar'.
En novembro de 2020, EUniWell entrou na súa fase piloto de tres anos durante os cales pretende desenvolver unha axenda común de investigación e docencia sobre o benestar, a nivel rexional, europeo e mundial.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.