
“É dicir, a ESA vaise implicar de cheo no peche do deseño e na parte da testaxe do satélite”, explica Manuel Diz, coordinador do proxecto, tremendamente satisfeito con este novo éxito para o equipo, que se suma a outros logros recentes como o feito de ter sido seleccionados pola Academia chinesa de tecnoloxÃa de vehÃculos de lanzamento para ser enviado ao espazo en 2024.
CompetÃan con outros 11 equipos de estudantes de diferentes universidades europeas (doce incluÃndoos a eles), dos que só seis pasaron a criba: o equipo da Universidad Carlos III de Madrid e o resto de centros de SuÃza, Italia e RomanÃa. “AÃnda que competiamos contra equipos que xa tiñan experiencia no lanzamento de satélites, a ESA continuou apostando pola nosa misión” apunta Diz, quen sinala que o apoio da ESA vailles garantir que a carga útil do satélite e, máis en concreto, a súa parte biolóxica e microfluÃdica “se poida consolidar e comezar a converter o que agora son prototipos en futuros modelos de voo para estar en órbita”.
Ano e medio de asesoramento e acceso ás instalacións da ESA
O asesoramento da ESA chegará en formato hÃbrido, incluÃndo tanto formación en liña como a realización das probas dos prototipos nas súas instalacións, xa que o programa dálles acceso a todos os instrumentos e facilidades da ESA para facer probas de certificación en condicións espaciais.
O programa ten unha duración dun ano e medio e durante este tempo a ESA acompañará en todo o momento aos integrantes de UVigo SpaceLab no desenvolvemento da misión. “Estas revisións/cursos/formacións e probas son supervisadas por expertos da axencia que están ou estiveron en misións previas”, aclara Diz, quen fai fincapé en que contarán co apoio destes especialistas en todas as cuestións relativas ao desenvolvemento do proxecto, “desde a avaliación dos deseños dos distintos sistemas que compoñen o satélite e as súas interfaces ata a preparación das probas de vibracións e termobaleiro coas que se cualifican este tipo de sistemas, por citar só dous exemplos”.
Desde UVigo SpaceLab valoran especialmente o feito de ter acceso a este asesoramento por parte de profesionais de alto nivel. “Cando desenvolvemos unha misión espacial sempre nos enfrontamos a grandes retos e dúbidas e un deles é atopar a persoas que poidan axudarnos, xa que ao ser un equipo de estudantes o noso fin é aprender e, para logralo, temos que contar con eses coñecementos, que, neste caso, nos chegan desde a ESA”, explica o responsable do equipo.
BIXO é o satélite máis pequeno que se quere pór en órbita con este tipo de cargas biolóxicas, xa que ata o de agora a NASA e o resto de axencias que desenvolveron satélites deste tipo fixérono cun tamaño maior, é dicir, cun formato cubesat 3U (30X10X10 cm) e desde UVigo SpaceLab farano en 2U (20x10x10 cm), o que supón un reto adicional polo compacto que será todo o sistema.
“Demostra que a Universidade de Vigo e os seus estudantes seguen unha carreira espacial que nos pon no mapa”
Os resultados que acadaron ata o de agora nos diferentes concursos e programas nos que levan participado indÃcanlles que van na dirección correcta. “Recibir a misión por parte da IAF, a Federación Astronáutica Internacional, e da CSA, a Academia Espacial de VehÃculos de China, mediante o premio que nos permite poder lanzar o noso satélite a órbita foi unha grande ilusión para nós, pero ver que outra axencia internacional como a ESA admitiu a nosa participación neste programa demostra que a Universidade de Vigo e os seus estudantes seguen unha carreira espacial que nos pon no mapa, non só a nivel europeo senón mundial”, indica Diz.
Unha vez anunciados os proxectos que van participar no programa, nas vindeiras semanas recibirán novas indicacións da ESA, incluÃndo a valoración a toda a documentación presentada ata o de agora –que lles permitiu ser un dos proxectos seleccionados- e explicacións relativas aos pasos que deben seguir para preparar a seguinte revisión do proxecto por parte das persoas expertas.
Porta aberta a que novos patrocinadores se sumen ao proxecto
En canto ao estado actual do desenvolvemento do proxecto desde o equipo indican que no relativo á plataforma do satélite están traballando en conxunto coas empresas Alén Space, spin-off da UVigo, e DHV Technologies na integración do ordenador de abordo (OBC), o sistema das comunicacións (TTC) e o subsistema de potencia (EPS e paneis solares) e estrutura. Polo que respecta á carga útil de BIXO, seguen a ultimar os deseños da cámara presurizada na que irá toda a electrónica de control e sistemas microfluÃdicos. De forma complementaria, seguen tamén a probar as condicións e viabilidade das bacterias coas que traballan xunto ao Grupo de NanoBioMateriais Funcionais (FunNanoBio) do Cinbio para a creación do liófilo –bacteria en estado durminte- que se activará en órbita para iniciar o experimento.
Esta novo impulso que agora lle dá a ESA agardan que sirva tamén para que novas empresas se animen a participar e colaborar co proxecto, xa que desta maneira non só colaboran co desenvolvemento desta misión, senón que teñen tamén a oportunidade de colaborar estreitamente con todos estes organismos internacionais. “A colaboración con nós permite que os seus produtos poidan utilizarse no noso satélite e deste xeito probar o seu funcionamento en voo”, recalca o estudante.
Coralinda é unha comedia xestual dirixida a público familiar e infantil. A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, a obra constrúe un universo cómico e poético que transita do realismo á hipérbole da vida cotiá. Unha proposta escénica ao estilo dos debuxos animados que aborda a temática da inmigración e do medio ambiente desde o humor, a poesÃa visual e a emoción. A obra convida a reflexionar sobre as experiencias das persoas que viaxan lonxe da súa terra.
Foi presentadoo o novo festival Sons de Vigo que se celebrará do 27 de marzo ao 4 de abril no Ifevi. Este evento aposta tanto por grandes nomes do panorama nacional como por artistas locais da escena galega. A presentación, celebrada no Paseo das Avenidas, xunto ao monumento a Julio Verne como un dos sÃmbolos de Vigo, contou coa actuación de Castle e Milutxo, músicos locais que ofreceron varios dos seus temas. Sons de Galicia forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia. O ciclo comezará o 27 de marzo con Lingua Urbana, un dos cinco eventos musicais que acollerá o Ifevi dentro desta programación.