Notas de prensa

A terceira edición do Distintivo de Igualdade busca estender este recoñecemento a máis centros da Uvigo

Despois dunha experiencia piloto en 2021 e dunha segunda convocatoria máis aberta o ano pasado, a Unidade de Igualdade lanza unha nova edición do Distintivo de Igualdade, unha iniciativa que busca recoñecer, impulsar e incentivar a promoción da igualdade entre homes e mulleres nos centros, facultades e escolas universitarias, a través dun proceso de avaliación das actividades, iniciativas e prácticas que realizan neste eido.

O obxectivo é seguir estendendo a rede de centros que nos tres campus gozan deste recoñecemento, que actualmente está formada pola FFT, o CIM-Centro de Investigación Mariña, a Facultade de Educación e Traballo Social, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o Cinbio-Centro de Investigacións Biomédicas e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Ãgueda Gómez, directora da Unidade de Igualdade, destaca que o distintivo constitúe “un modo de visibilizar, recoñecer e promocionar todas as accións pola igualdade que se están a desenvolver en todos os centros nunha Universidade coma a nosa, distinguida polo compromiso e a larga traxectoria no desenvolvemento de políticas públicas de igualdade de cara a promoción do incremento da excelencia e calidade académica”.

O Distintivo de Igualdade ten unha vixencia de 6 anos e os centros que acaden a puntuación esixida para obtelo, recibirán un vinilo para situar nunha visible do edificio, “un recoñecemento simbólico, que sirve para prestixiar o labor do centro e facelo máis atractivo, se cabe para o alumnado e o persoal”, así como como unha achega de 3000 euros que se deberán destinar a desenvolver novas políticas de xénero. Esta contía é, segundo Ãgueda Gómez, “unha axuda para impulsar algunhas accións máis e para facilitar aos equipo directivos e decanais as iniciativas neste ámbito que no centro contemplen ou podan xurdir”.

Os centros interesados en participar neste convocatoria poden presentar as súas candidaturas ata o vindeiro 9 de decembro

Como acadar o Distintivo de Igualdade

O Distintivo de Igualdade ten unha vixencia de 6 anos e outórgase a todos os centros que superan o límite de 80 puntos atendendo a criterios como a inclusión da perspectiva de xénero nos plans de estudo das titulacións e as liñas de investigación e de transferencia que incorporen a perspectiva de xénero; o número de persoas expertas e/ou implicadas na promoción da igualdade de xénero que forman parte da facultade, escola ou centro propio da Universidade de Vigo; a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero; o grao de composición paritaria dos órganos de goberno electos e de libre designación da facultade, escola ou centro; o uso de linguaxe inclusiva e non sexista nos documentos e na comunicación interna; os programas e políticas de captación de novo alumnado con perspectiva de xénero; as medidas promovidas para facilitar a conciliación e promover a corresponsabilidade entre o PDI, o PAS e o alumnado do centro ou calquera outra actividade ou acción innovadoras desenvolvidas para a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, especialmente aquelas realizadas en coordinación co alumnado e/ou novo persoal investigador do centro.

Universidade de Vigo, 2022-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES