
O comité encargado de avaliar as nove propostas cinematográficas presentadas a este certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, un tribunal formado nesta edición polo coordinador do Findecurta, Bruno Máez, e polos actores e directores de dobraxe lugueses Alicia Taboada e Matías Brea, acordaron tamén outorgar unha mención especial á peza Luxuria, na que, como ben indica o título, se trata este pecado capital.
Unha vez rematada a proxección das curtametraxes, o público presente nesta sesión de cine ao aire libre emitiu o seu ditame sobre a obra cinematográfica que máis lles gustou e as votacións escolleron a curta titulada Reflexións dunha avariciosa, cuxa autoría corresponde ao equipo A Osa Maior + 2.
A cerimonia de entrega dos premios do VII Findecurta celebrada na Praza de Santa María permitiu a máis de 300 persoas gozar das nove creacións cinematográficas presentadas ao concurso dun certame que conta financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, e que, un ano máis volve xuntar máis 100 participantes. O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e o adxunto á Vicerreitoría de Organización Académica, Antonio Álvarez, arrouparon aos participantes na gala deste certame a prol do cinema e galego.
A curta máis valoradas polo xurado do VII Findecurta recibiu unha gratificación en metálico de 400 euros, ademais de garantir a súa proxección na próxima edición da Semana de Cine de Autor de Lugo, unha cita na que a curta galardoada polo público tamén poderá concorrer a premio na categoría de mellor curtametraxe galega.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.