Notas de prensa

Máis de 300 investigadores dunha trintena de países daranse cita en Santiago no foro sobre Física de Partículas DIS2022

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, impulsa do 2 ao 6 de maio o foro 'DIS2022: XXIX International Workshop on Deep-Inelastic Scattering and Related Subjects'. Máis de 300 persoas de 31 países que traballan no eido da física de altas enerxías, daranse cita neste evento de traxectoria consolidada en diferentes países e que chega este ano á súa edición número 29, só interrompida en 2020 por mor da pandemia.

“A diversidade de temas, presentacións e asistentes, converteu esta reunión nunha das máis importantes do campo”, apuntan dende a organización do evento.

Dividido en sete sesións plenarias e seis sesións temáticas paralelas, unha parte importante do programa está dedicada aos últimos resultados dos maiores experimentos e aceleradores de partículas do mundo como os localizados no Brookhaven National Laboratory (BNL), a Organización Europea para la Investigación Nuclear (CERN), o sincrotrón alemán DESY, o Fermi National Accelerator Laboratory (FNAL), o Thomas Jefferson National Accelerator Facility (JLab) e o laboratorio xaponés KEK, así como ás achegas teóricas máis recentes.

Como é tradición, entregarase o premio ‘Guido Altarelli’ –un dos pais fundadores da Cromodinámica Cuántica, divulgador e promotor das novas xeracións científicas– que se outorga a investigadores ou investigadoras noveis que fixesen contribucións teóricas ou experimentais destacadas nos temas tratados no DIS.

Universidade de Santiago de Compostela, 2022-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES