
Neste mesmo espazo, móstrase tamén unha selección de libros que fan mención aos personaxes representados: nuns casos, aos seus propios escritos; noutros, ás doazóns feitas. Todos eles proveñen dos fondos da Biblioteca Xeral.
A capela é o lugar onde se alude á presenza dos vítores nos contextos universitarios mostrando, a través dunha galería de personaxes ilustres dos séculos XIX e XX, unha parte de quen foron os seus protagonistas. Neste caso óptase, como complemento á obra pictórica, por unha selección documental realizada dende os fondos existentes no Arquivo Histórico da USC.
Museo Virtual
Asemade, na sancristía realízase unha presentación do Museo Virtual da USC a través de códigos QR alusivos ao que alí pode verse. Xérase desta forma, unha conveniente relación entre as potencialidades do virtual e o coñecemento directo das obras ás que se fai mención, sinalan dende a organización da mostra. Con motivo desta exposición, unha serie de fondos pictóricos foron obxecto dunha restauración á vez que se melloraron os recursos das salas na súa montaxe en cuestións como a súa iluminación e son.
O grupo Milladoiro compuxo tamén dúas obras unha para cada sala concibidas para crear o ambiente axeitado en cada caso. A edición do catálogo da mostra complementa as pretensións dun proxecto que procura poñer en valor unha parte do patrimonio cultural da USC, seguindo a mesma liña xa practicada en 1995-1996 con motivo do seu Quinto Centenario. O profesor da USC, José Manuel García Iglesias, é o comisario da mostra.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).