
Exposición de artesanía: ao longo das dúas xornadas haberá seis stands nos que expoñerán cinco dos mellores artesáns de instrumentos e traxes tradicionais galegos: Xaneco Tubío, Miguel Mosquera, Traxandaina, Lis Latas, Bolboreta Fiandeira; xunto cun stand adicado a Cántigas e Frores.
Pregoeiro: a persoa escollida para realizar o pregón desta segunda edición da Feira do 48 é Isidoro Rodríguez.
Actuacións musicais e de Baile Tradicional Galego: durante as dúas xornadas a ambientación musical correrá a cargo das diferentes formacións que forman parte do organigrama de Cántigas e Frores: Banda de Gaitas, Grupo de Baile Tradicional, Grupo de Cantareiros, Murga, Grupo de Cantareiras, Coro Galego, Cuarteto Tradicional.
Ruadas: ao remate das dúas xornadas haberá unha Ruada, trátase de dúas festas amenizadas por grupos de recoñecido prestixio:
Ruada do sábado: contará coa Murga de Cántigas e Frores, de Caamaño e Ameixeiras a maiores dos Cantareiras e de Cántigas e Frores.
Ruada do domingo: contará coas actuacións do Grupo de Baile de Cántigas e Frores, Caldo e do Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores.
HORARIOS
Sábado:
11:48 Apertura da Feira e pregón a cargo de Isidoro Rodríguez
12:48 Concerto da Cuarteto de Gaitas de Cántigas e Frores
14 Peche da Feira
17:48 Apertura da Feira
18:48 Actuación da Murga de Cántigas e Frores
19:48 Concerto de Caamaño & Ameixeiras
20:48 Concerto das Cantareiras de Cántigas e Frores
Domingo:
11:48 Apertura da Feira e Pasarrúas
12:48 Concerto da Banda de Gaitas de Cántigas e Frores
13:48 Peche da Feira
18:48 Actuación do Grupo de Baile de Cántigas e Frores,
19:48 Concerto de Caldo
20:48 Concerto dos Cantareiros de Cántigas e Frores
A entrada aos concertos será de balde ata completar aforo, con previa reserva de butacas no mail [email protected].
Cántigas e Frores, 73 anos traballando en prol da cultura tradicional
A Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo. Asociación Cultural Cántigas e Frores que naceu na cidade de Lugo no ano 1948 como unión de dúas agrupacións corais existentes, Cantigas e Aturuxos e Frores e Silveiras.
Dende aquel momento e ata hoxe, a asociación inicia un longo camiño, tendo sempre por obxectivos principais o estudo, fomento, posta en valor e divulgación da cultura tradicional galega. A partires dos seus comezos, a Asociación Cultural Cantigas e Frores traballou de xeito continuo, respectando sempre as nosas tradicións, realizando ao longo da súa historia innumerables labores de investigación, organización de cursos, encontros de música e baile tradicional, festivais, ...
Cántigas e Frores ten participado en innumerables festivais, achegando as nosas tradicións e representando á cidade de Lugo ó longo de toda a península ibérica, Europa, América ou Asia, e transmitindo en todas as súas actuacións emotivos momentos a homes e mulleres galegos que están lonxe da súa terra dende hai anos e tamén dando a oportunidade de vivir de preto a cultura dos seus pais ou avós a moreas de descendentes de galegos que residen fóra do noso país.
Outras actividades destacadas que organiza Cántigas e Frores, e que xa son unha tradición en si dentro e fóra da Asociación, son o Curso de Cultura Tradicional e o Festival de Música e Baile de San Froilán, tendo ambos carácter anual.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.