Notas de prensa

Galicia, un paraíso micolóxico

Galicia, polo seu clima, o tipo cuberta da súa superficie forestal, é un paraíso micolóxico, salientou o catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Antonio Rigueiro, na apertura da xornada semipresencial promovida polo grupo operativo Mikogest para debater sobre as posibilidades de aproveitamento dos recursos micolóxicos como un activo máis das fincas forestais, e presentar as actividades desenvolvidas ao longo dos últimos 18 meses ao abeiro dun proxecto liderado desde Castela León pola Fundación Cesefor.

O xefe da área forestal de Cesefor, Roberto Rubio, e a xerente de Cose, Patricia Gómez, lembraron na apertura da xornada, nun acto no que tamén participou a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, os obxectivos de Mikogest, un proxecto promovido por un grupo operativa suprautonómico e financiado con preto de 600.000 euros polo Fondeo Europeo de Agrícola de Desenvolvemento Rural e a Administración Xeral do Estado. Este programa pretende avanzar na xestión da regulación dos recursos micolóxicos a través de técnicas innovadas e o uso das TIC, a fin de garantir o seu aproveitamento sustentable e a trazabilidade na cadea de valor, ademais de prover de información útil a produtores e ás persoas que as recollen, sinalaron.

A creación da App Smarbasket (cesta intelixente), a través da que as persoas usuarias poden acceder de xeito confidencial a ampla información sobre as distintas especies de cogomelos, así como a modelos preditivos de produción micolóxicas das distintas áreas xeográficas, en función das características de solos, clima, superficie forestal... é un das ferramentas innovadoras auspiciadas por Mikogest, salientou Patricia Gómez, quen tamén fixo alusión aos beneficios que potencialmente reporta esta ferramenta tecnolóxica en aras dunha maior seguridade alimentaria.

A xerente de Cose tamén destacou a posta en marcha dunha asociación nacional de carácter profesional de produtores e colleitadores de recursos micolóxicos como outra da grandes achegas deste proxecto. De feito, Gómez apuntou que esta asociación contribuirá a ter unha sorte de rexistro ou control das persoas relacionadas dalgún xeito con esta actividade o co aproveitamento dun recurso forestal que en Galicia, así como en outras rexións de España, presenta moitas potencialidades.

Produción e rendibilidade

A produción de setas en Galicia comeza xa a ser importante, tanto polo seu volume como pola actividade empresarial asociada ao sector, sinalou o catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo Antonio Rigueiro, quen logo de precisar que os cogomelos máis abundantes e habituais en Galicia son as variedades boletus, cantarela e níscalo, precisou que a súa produción xa é importante e podería incrementarse de xeito notable.

“A rendibilidade que poden achegar os recursos micolóxicos é clara, aínda que podería se moito maior, xa que en Galicia aínda non somos capaces de acadar valor engadido a uns activos forestais que poden chegar a multiplicar por oito o seu valor noutros mercados nacionais e internacionais”, explica Rigueiro, que alén de recoñecer que a poboación galega presenta bastante micofobia, lamentou o “oscurantismo” que existe arredor da actividade económica dos recursos micolóxicos, cuxos principais beneficios acostuman ser para os intermediarios, dixo.

Rigueiro lembrou na súa intervención algúns estudos desenvolvidos por el mesmo na década dos anos 70 do pasado século XX sobre a rendibilidade dos cogomelos en soutos e piñeirais, así como outros traballos máis recentes realizados na contorna courelá que estiman entre 50 e 100 quilogramos por hectárea de souto ou piñeiral a produción de boletus. Esta produción podería situarse arredor dos 150 quilos no caso das cantarelas, engadiu este investigador da USC, para logo situar entre cinco ou seis euros por quilogramo o diñeiro que perciben as persoas que colleitan estes cogomelos.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.
Foto de la tercera plana (festival.jpg) O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.

Notas

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da Facultade de Belas Artes da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES