
Boa parte da programación vaise desenvolver entre o 5 e o 7 de novembro e, alén diso, para o 5 e o 6 de decembro están previstas outras dúas funcións que completarán a edición deste ano do Festival Atlántica. Serán en total 24 espectáculos nos que participarán os narradores Noelia Carioca (Salamanca), José Luis Gutiérrez Guti, (Zamora), Rubén Martínez Santana (Venezuela), Fernando Saldaña (Salamanca), Sandra Araguas (Huesca) e mais os galegos Ramiro Neira, Charo Pita, Pablo Díaz, Santi Prego e Sole Felloza.
Todas as actividades vanse desenvolver cumprindo coas medidas de seguridade anticoronavirus dispostas polas autoridades sanitarias. Para asistir ás funcións cómpre inscribirse por adiantado e confirmar a asistencia o día anterior. Deste xeito, de non poder acudir, poderán ocupar a praza as persoas en lista de espera. A organización do Festival Atlántica desexa facer fincapé neste punto e ao mesmo tempo que convida á participación apela tamén a facer un uso responsable das prazas dispoñibles, que por mor das medidas de seguridade son reducidas.
A información sobre os artistas participantes xa está publicada na web do festival (http://festivalatlantica.gal/), onde tamén está o programa das actuacións.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.