Unha xornada da Universidade da Coruña destacará o papel das mulleres na industria dos videoxogos
A Universidade da Coruña organiza do 2 ao 9 de outubro a segunda edición da xornada “Mulleres detrás dos videoxogos” impulsada pola Facultade de Ciencias da Comunicación coa colaboración da asociación internacional Women in Games (WIGJ), o Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) e o Campus Innova, e financiada polo Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades.

O programa, que será integramente online, combina relatorios e faladoiros en directo, abertos á participación do público, con outro tipo de contidos en vÃdeo e unha exposición virtual sobre pioneiras dos videoxogos.
A xornada dará comezo o venres 2 de outubro ás 16:30 horas coa benvida do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e as intervencións de Teresa Piñeiro, como representante da organización das xornadas; Susana Ladra, directora do Campus Innova; e Beatriz Gimeno, directora do Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades.
A continuación, o evento continuará coa conferencia “Las aportaciones de las mujeres a las tecnologÃas digitales”, da man de Cecilia Castaño, Catedrática de EconomÃa Aplicada e co-directora do Máster sobre Igualdad de Género en la Perspectiva de las Ciencias Sociales da Universidad Complutense de Madrid; e unha conversa entre Jane McGonigal, directora de Game Research and Development no Institute for the Future de Palo Alto (California), e Luz Castro, profesora da Facultade de Comunicación da Universidade da Coruña, cofundadora de Imaxin|Software e directiva de Videoxogo.gal.
Desde o luns 5 ao xoves 8 de outubro a xornada acollerá diversas actividades diferidas como a exposición virtual “Mulleres e videxogos. Pioneiras” ou as vÃdeo-charlas de EurÃdice Cabañes, CEO de ArsGame; Susana Broullón, artista senior en King; e Eva Cid, crÃtica especializada en videoxogos.
Para finalizar, o venres 9 de outubro terá lugar, ás 13:00 horas, o conversatorio: “Talento galego na industria dos videoxogos” no que participarán Dhaunae De Vir, Business development en Paradox Interactive, e Carla Bolaños, UX Designer en Monster Interactive e estudante do Máster en Deseño, Produción e Comercialización de videxogos da UDC.
Universidade da Coruña, 2020-10-01
Actualidad

Tivo lugar a V edición do Foro de Directores de Informática, que reuniu aos responsables de dixitalización das 17 Comunidades Autónomas, onde se debateu o papel das administracións públicas para garantir que a intelixencia artificial beneficie a toda a poboación, con independencia das condicións sociais ou económicas. Os responsables autonómicos compartiron experiencias e analizaron os retos para a aplicación de tecnoloxÃas como a ciberseguridade ou a intelixencia artificial. Houbo, asà mesmo, unha sesión de traballo para analizar o futuro dos fondos europeos para avanzar na modernización tecnolóxica das rexións.

Desde o Xacobeo 21-22, máis de 2,5 millóns de persoas participaron nas actividades impulsadas baixo esta marca, que se consolidou como un motor económico e social. Este ano, os Concertos do Xacobeo acollerán case 100 eventos en máis de 50 localidades de toda Galicia, reunindo a 700 artistas de primeira liña, tanto internacionais como nacionais e galegos. A programación combinará grandes nomes da escena musical global, como Kings of Leon, Lenny Kravitz ou Alanis Morisette, con recoñecidos artistas galegos como Tanxugueiras, Guadi Galego ou Xoel López. A diversidade da programación, tanto en estilos como en formatos, permitirá atraer a públicos variados e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural dinámico, onde tradición e modernidade conviven nos escenarios.
Notas
Xa pasaron catro anos desde aquel primeiro The Thinking Institute que converteu Vigo no epicentro mundial do coñecemento en nanonociencia. Como cada mes de xuño, este encontro cientÃfico internacional regresa ao campus para celebrar a súa cuarta edición, reincidindo no seu firme propósito de crear un espazo para o intercambio de ideas sen as barreiras habituais deste tipo de congresos, e aberto a todas aquelas persoas con inquedanzas cientÃficas.
A Universidade da Coruña lanza UDC Conecta, unha iniciativa que nace co obxectivo de impulsar a conexión entre o coñecemento xerado na UDC e os sectores produtivos, promovendo o fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas que garantan que os avances cientÃficos se transformen en solucións. Coa posta en marcha de UDC Conecta, establécese unha alianza permanente coa empresa, que terá a través desta plataforma única, un sistema de acompañamento integral e dinámico.