Notas de prensa

Impulsan un proxecto de innovación sobre rotacións ecolóxicas de cultivos forraxeiros para a produción de leite

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), está traballando nun proxecto de innovación en materia de rotacións ecolóxicas de cultivos forraxeiros para a produción de leite. Colaboran o Centro de Investigacións de Mabegondo (CIAM) e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal).

O proxecto desenvólvese nas instalacións da Estación Experimental agrogandeira situada no concello lugués da Pobra do Brollón, pertencente á rede de fincas experimentais da Consellería do Medio Rural.

O proxecto está financiado con fondos Feader e ten unha duración de sete anos (2019-2025). A experimentación en rotacións ecolóxicas de cultivos focalízase en aumentar o coñecemento acerca dos seus compoñentes e interrelacións entre o solo e os cultivos para ser aplicados na práctica das explotacións. A investigación implica o uso dun conxunto de métodos, incluíndo experimentos a longo e medio prazo, proseguindo coa extensión dos coñecementos nas granxas en experimentación a nivel comercial.

Deste xeito, preténdese promocionar a produción ecolóxica de cultivos en extensivo, empregando para iso as posibilidades que brindan terras con escasa utilización e aproveitamento do interior de Galicia pero con alto potencial produtivo agrario. Neste senso, cabe sinalar que do total da superficie de agricultura ecolóxica da nosa comunidade, unhas 25.000 hectáreas (o 78% do total) son pastos permanentes, mentres que só unhas 2.000 hectáreas (5% do total) corresponden a superficies de terras arables con alto potencial de produción dedicadas a producir alimentos para as gandarías.

Así, neste proxecto estase a traballar cunha superficie de ensaio para cultivos de millo forraxeiro (Zea mays L.) e soia (Glycine max L.) en parcelas de rega, que se colleitarán para ensilar a finais do mes de setembro. En parcelas de sequeiro tamén se cultivaron sorgo forraxeiro (Sorghum bicolor L.) e pasto do Sudán (Sorghum sudanense P.), especies máis tolerantes á falta de humidade, que tamén serán aproveitados para ensilar.

Os resultados obtidos servirán para incrementar a superficie de cultivos en terras arables, en particular as produtoras de cereais, de legumes e de proteaxinosas para produción de grao e contribuír, en definitiva, á proxección e consolidación da produción ecolóxica de Galicia.

Xunta de Galicia, 2020-09-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES