Notas de prensa

As 54 oficinas de emprego de Galicia reabren ao público

As 54 oficinas de emprego de Galicia reabriron hoxe ao público tras o peche orixinado pola pandemia do covid-19. As oficinas abren en plenas condicións de seguridade e co seu horario habitual, de 9,00 a 14,00 horas, sendo necesario solicitar cita previa para garantir un adecuado control de aforo e acceso e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía. O ISSGA elaborou unha guía de recomendacións fronte á covid-19 específica para oficinas de emprego, o que serviu de base para o desenvolvemento dun plan de continxencia para a reapertura.

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá a emprazada en Lugo Sur, na que traballan máis de 40 persoas.

Casal destacou que as oficinas abren en plenas condicións de seguridade e co seu horario habitual, de 9,00 a 14,00 horas, sendo necesario solicitar cita previa para garantir un adecuado control de aforo e acceso e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía.

O director xeral explicou, dun lado, que a Xunta, para garantir unha apertura en plenas condicións de seguridade, elaborou a través do Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia (Issga), unha guía de recomendacións fronte á covid-19 específica para oficinas de emprego, o que serviu de base para o desenvolvemento dun plan de continxencia para a reapertura.

Sobre a solicitude de citas previas, indicou que se poden pedir desde finais de xuño por calquera persoa interesada, a través do Portal de Emprego Galicia ou do servizo de atención telefónica 012. Ademais, a renovación automática da demanda estenderase ata o vindeiro 30 de setembro, deste xeito evitaranse desprazamentos innecesarios das persoas demandantes de emprego.

En todo caso, o director xeral salientou que a Administración autonómica seguirá a fomentar e ampliar os seus servizos non presencias, a través do Portal de Emprego e a aplicación Mobem. Co obxectivo de facilitar á cidadanía a realización destes trámites, desenvolverase polo persoal de orientación un programa específico de titorización dixital para persoas demandantes, así como unha campaña de vídeos informativos sobre as ferramentas e servizos telemáticos.

Axudas por Ertes

Casal, ademais, informou sobre que as axudas da Xunta de Galicia para apoiar a persoas traballadoras incluídas en expedientes de regulación temporal de emprego (Erte) por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción poden solicitarse a partir de mañá. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe esta medida á que a Administración autonómica destinará 6 millóns de euros.

Os apoios van dirixidos a Ertes que afecten a un máximo de 300 traballadores por centro da empresa con axudas que teñen un dobre obxectivo: compensar a perda adquisitiva das persoas empregadas e darlles formación para o que se lle compensará á empresa os custos. O prazo de solicitude permanecerá aberto con carácter permanente ata o 31 de outubro de cada exercicio.

A Xunta, ademais, destina 2M€ a axudas para persoas traballadoras con 55 ou máis anos de idade que estean afectadas por eres de extinción derivados de empresas en crise. Este programa publicouse no DOG o pasado 23 de xuño. As dúas medidas adoptáronse nos Acordos do Diálogos Social. En total investiranse 8M€ para axudar a 9000 familias galegas.

Alfabetización dixital

Casal, por último, destacou que hoxe mesmo comeza en Lalín, Lugo e Ourense un novo programa en liña de orientación laboral sobre alfabetización dixital co obxectivo de reforzar as competencias dixitais básicas para a busca de emprego. Esta iniciativa está impulsada pola Fundación Santa María la Real e Fundación Telefónica, contando coa colaboración da Xunta e o cofinanceamento do Fondo Social Europeo.

O programa comezou coa participación de 27 mulleres e 3 homes en situación de desemprego. Ao longo do curso poderán reciclar coñecementos tecnolóxicos e aprenderán, entre otros, a manexar ferramentas e aplicacións que as empresas demandan nas súas ofertas de traballo.

Xunta de Galicia, 2020-07-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES