Notas de prensa

Unha análise dos hábitos lúdicos das familias durante o confinamento

A Universidade de Santiago de Compostela analiza os hábitos lúdicos das familias durante o confinamento derivado do estado de alarma decretado por mor do coronavirus e afonda no estudo e no coñecemento do xogo infantil nos fogares a través da enquisa en liña ‘Hábitos lúdicos nas familias con fillas/fillos en tempo de confinamento (COVID-19). Este estudo en liña permaencerá accesible na web ata o vindeiro 27 de abril, cando está previsto que os máis pequenos poidan saír das súas casas.

O obxectivo deste cuestionario, deseñado e coordinado pola profesora do Departamento de Pedagoxía da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo Silvia López-Gómez xunto con Apolinar Varela, profesor da Facultade de Educación e Psicoloxía da Universidade de Navarra, é o de coñecer como e a que xogan as familias durante estas semanas de confinamento.

O estudo liderado pola doutora Silvia López-Gómez, especialista en videoxogos, e Apolinar Varela, que desenvolveu a súa tese de doutoramento sobre o xogo tradicional, investiga nos cambios producidos durante a corentena respecto aos costumes lúdicos nos fogares con menores de idade.

A acción proposta por estes dous docentes, que lanzaron esta enquisa a través das redes sociais o pasado 8 de abril, busca tamén explorar a compresión sobre a percepción das nais e dos pais sobre o xogo no fogar antes e durante o confinamento, a fin de mellorar así a súas perspectivas sobre o dereito ao xogo na infancia para futuras investigacións.

López-Gómez salientou que, alén da finalidade investigadora da enquisa ‘Hábitos lúdicos nas familias con fillas/fillos en tempo de confinamento (COVID-19), este cuestionario antóllase como unha ferramenta axeitada para mellorar a comprensión sobre a realidade lúdica nos fogares e na sociedade en xeral.

Boa acollida

A apreciación sinalada por esta docente da USC vai na liña da boa acollida que está a ter este cuestionario en liña en moitas familias con menores. De feito, engadiu, en apenas dúas semanas, xa recibimos máis de 500 respostas. A maioría dos cuestionarios cumprimentados recibidos proceden de Galicia, aínda que tamén contamos con usuarios de toda a xeografía española e mesmo un número representativo de familias de países iberoamericanos como Arxentina ou México, onde tamén se está a responder ás interpelacións feitas a través deste cuestionario, engadiu.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-04-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES