
A Asociación Cultural Cultura do País presenta, xunto con Através Editora e a librería Trama, a Antología de poesía de Carvalho Calero, coa presenza do editor Paulo Fernández Mirás e da escritora lucense Carmen Blanco, responsábel do prólogo.
O acto terá lugar o vindeiro sábado 1 de febrero as 12.30 horas na librería Trama, e consistirá nunha conversa con ambos escritores ao redor da figura a quen se lle dedica o vindeiro dia das Letras Galegas, o escritor Carvalho Calero.
O editor Paulo Fernandez Mirás acaba de ser nomeado académico da AGLP e realizou diversos ensaios en torno a figura do escritor ferrolán.
A escritora lucense Carmen Blanco é profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades na USC. Publicou ensaio, poesía e narrativa, tanto individualmente como en colaboración con numerosos autores e autoras galegas e de fóra.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.