
Os comisarios da exposición e profesores da USC na Facultade de Xeografía e Historia, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho, salientan que esta iniciativa inclúe preproducións fotográficas de espazos e simboloxía franquista que perduran ou que foron esquecidos pola cidadanía de Santiago de Compostela e unha cartografía interactiva que trae ao espazo público os lugares de morte e enterramento en Galicia durante a guerra civil. O acto inaugural estivo presidido pola vicerreitora de Organización Académica, Celia Besteiro, e no mesmo tamén tomou parte o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
A mostra preséntase en cinco etapas, dende a Persistencia do franquismo ás Ausencias de memoria. O traxecto descóbrenos as Veladuras do franquismo retirado pero recuperable, as Amnesias que debuxan unha auténtica cartografía do terror e as Expropiacións de significado de lugares e símbolos. A exposición permanecerá no Paseo da Alameda ata o vindeiro 6 de febreiro en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas, de luns a venres. Sábados e domingos o horario estenderase de 12.00 a 14.00 horas.
Asemade, a sociedade cooperativa Rexenerando, impulsa un roteiro para o vindeiro 1 de febreiro, ás 11.00 horas, cunha duración aproximada de dúas horas. Pode obterse máis información sobre o mesmo no enderezo electrónico [email protected]
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.