Notas de prensa

A asociación cultural 'Cántigas e Frores' concede o Premio Cántigas e Frores da Cultura a Xesús Mato e nomea Socio de Honra a Indalecio Fernández Groba

Este domingo vai presentar o seu novo traballo discográfico ‘Cántigas e Frores 70 Anos’, un libro-cd con 15 pezas gravadas polos grupos da entidade: Cantareiros, Murga, Coro Galego, Grupo de Cantareiras e Banda de Gaitas e Percusión. Este audio ven acompañado dun libreto que recolle a historia en imaxes dende a fundación da entidade (1948) ata a gravación.

Nesta Gala farase entrega do PREMIO CÃNTIGAS E FRORES DA CULTURA GALEGA 2019 ao crego, musicólogo e escritor Xesús Mato Mato.

Tamén se nomerá Socio de Honra desta entidade a Indalecio Fernández Groba, un dos personaxes máis importantes na vida musical luguesa nos anos 1980, onde execeu a direción da Coral Polifónica Cántigas e Frores.

Despois da Gala haberá un xantar na Casa Balbina, aberto a quen queira acompañar aos nosos dous homenaxeados.

XESÚS MATO MATO: 29 de Outubro de 1932 (Cabodevila, San Martiño, Paradela) Fillo de labregos, tivo 6 irmáns. Foi a unha escola rural e a pasantía cun crego. De 1946 ó 1958: Carreira sacerdotal no Seminario de Lugo. De 1958 ó 1967: Coadxutor de Lalín (Pontevedra). En 1967: Técnico Radiodifusión-Redactor en Madrid. Desde 1968: Asesor relixioso e redactor en Radio Popular, Lugo. De 1983 ó 2000: Crego de 6 parroquias na Montaña do Cebreiro. Fixo tamén "Cursos Bíblicos" (durante tres anos), "Cursos de Doutrina Social da Igrexa", "Os Cursos de Galego", "Reciclaxes musicais", Profesor de Colexio Privado (Filosofía e Música) (1959-64). Profesor de relixión do Instituto Laboral de Lalín (1965-67). Director espiritual e asesor do Colexio Menor F. Obispado. (1967-68). Fundador e 1º Director de Radio Popular de Lalín (1959- 64). Fundador e 1º Director da Polifonía de Lalín (1958-1967). Fundador e 1º Coordinador de Auxilia - Lugo (1970-77). Cofundador do Grupo "Fuxan os Ventos" (1972) e "Galicia canta ó Neno". Fundador-director dos Coros Colexios Menores (Santísimo Sacramento e Eijo y Garay). Colaborador de El Progreso desde 1970. Artigos, colaboracións, conferencias... en Revistas, tertulias... Recollida e difusión de cantos populares galegos. Arranxos e transcricións musicais. Autor canción "Fuxan os Ventos" (letra e música) e de "Mencer". LIBROS: "Galicia canta ó Neno", "Por un Lugo sen barreiras" (ámbolos dous en colaboración). En preparación: "à beira do Camiño" (tema: "peregrinos"). PREMIOS: Lucense do ano, 1991. V Premio Moncho Valcarce, 1998. Terceiros premios de Cultura Tradicional de María Castaña. Premio de Xornalismo sobre o Nadal. Begonte, 2009. O Concello de Paradela nomeouno por unanimidade "Fillo Predilecto" na sesión celebrada o 30 de marzo de 2005. A distinción se lle entregou en acto multitudinario o 19 de xuño de 2005. Medalla Castelao 2018)

INDALECIO FERNÃNDEZ GROBA: Naceu en Guláns, Ponteareas (Pontevedra) en 1938. Realizou os seus estudios musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid con profesores como García Matos, Calés Otero, Sopeña, Bravo, Cristóbal Halfter y Julio Gómez Parra. En 1963 ingresou por oposición en no Corpo Nacional de Directores de Bandas de Música Civiles (2º categoría) e en 1980 realizou a oposición de ascenso a 1ª categoría. Tras dirixir a Banda de Pedro Muñoz en Cidade Real e o Coro Rosalía de Castro do Centro Galego de Madrid, emigrou a Suíza, onde viviu case quince anos e dirixiu a Harmonía Santa Cecilia de Orbe, as Uniòns Instrumentales de Moudon, Payerne e Leyeron e a Harmonía Municipal de Monthey. Deu cursos de perfeccionamiento de música no Canton de Vaud e foi profesor no Conservatorio de Fribourg e nas escolas de música de Payerne, Moudon e Monthey. Ademais, dirixiu concertos en Tubinga, Munich e Stuttgart en Alemania; Château-Thierry, Nîmes, Baune e Dijon en Francia e en Alstatten, Füerthalen, Basilea y Bellinzona en Suiza. Regresa a España, en 1979, para facerse cargo da dirección da Banda Municipal de Lugo compaxinando esta actividade coa educación musical.En 1979 comeza a súa actividade como director da Coral Polifónica da Asociación Cántigas e Frores, actividade que desarrollará ata 1991 ano no que se traslada á Coruña ao ser nomeado director titular da Banda Sinfónica Municipal de Música desa cidade , cargo que desempeñou ata a súa xubilaciòn. É autor de numerosas obras para banda (Himno de la Ville de Payerne, pasodobles como Saludo a Lugo, A Freixa, López Parreño, MartiñikaÂ… ) a maioría grabadas pola RTV da Suisse Romande, a Banda Municipal de Lugo e a Municipal de A Coruña.Ten varios premios de interpretación coas Bandas de Música de Paqyeme e Moudon, clasificandoa de primeira, durante doce anos consecutivos, a primeira banda do Cantón de Vaud entre as 120 existentes. Foi galardoado co "Collierde ronce" na Fête de la Vine de Dijon en 1970. Obtuvo o 2º premio no concurso de composición da Federación Suiza de Bandas de Música. É autor do himno Ville de Payeme e de moitas obras obligadas para os festivais rexionais, cantonales e federales de música, algunhas delas grabadas pola RTV da Suisse Remande. Premio 2008 da Orden de San Miguel de Ponteareas, pola súa traxectoria como director tanto en Suiza como en España. Foi convidado, en varias ocasiòns, a dirixir a Banda Municipal de Madrid e a de Alacante. Foi xurado en diversas ocasiòns: como no Certame de Bandas de Música de Valencia, Albacete, Pontevedra e Campo de Criptana. Actualmente reside en Lugo.

Asociación Cultural Cántigas e Frores, 2019-10-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica, un dos campos con maior potencial para o tratamento de enfermidades de base xenética e para a medicina rexenerativa.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES