
O número de obradoiros participantes increméntase ata sumar un total de 41 talleres artesanais, dos que 23 é a primeira vez que toman parte nestas xornadas buscando ampliar a proxección das súas pezas. Exporán unha selección dos seus produtos, focalizando a atención na experimentación con novos materiais, que permitirán estreitar lazos profesionais, crear novos contactos e servir como xermolo de proxectos futuros no eido da cociña e a restauración. Os obradoiros artesanais que presentarán os seus produtos nesta edición das Xornadas ArtesanÃa no Prato representarán ao sector da cerámica, téxtil, madeira, cesterÃa, coitelerÃa, vidro, xoierÃa, asà como dos ámbitos da decoración e escaparatismo, arranxos florais, serigrafÃa e ilustración.
O espazo de artesanÃa estará aberto ao público xeral, mentres que os profesionais que queiran acceder ao espazo de cociña, no que se realizarán showcoockings a cargo de chefs de prestixio que empratarán en soportes de artesanÃa, deberán facelo con invitación previa.
Estas xornadas enmárcanse no proxecto ArtesanÃa no prato, polo que a Fundación de ArtesanÃa de Galicia vén de ser seleccionada como finalista dun dos Premios Nacionais de ArtesanÃa. Iniciado en 2013, ten como finalidade xerar unha interrelación entre artesanÃa, deseño e gastronomÃa, dando a coñecer o potencial das pezas artesás como soporte das creacións culinarias. No marco desta iniciativa, achéganse os produtos dos obradoiros artesáns galegos aos campos da gastronomÃa, hostalerÃa e restauración. Apóstase pola calidade, a innovación e a creatividade, fomentando experiencias con novos soportes e materiais. Froito deste proxecto, máis de 40 artesáns están a traballar con cociñeiros galegos e nacionais, asà como con grandes empresas distribuidoras de enxoval para hostalerÃa.
O programa de actividades permitirá aos visitantes, tomar contacto cunha oferta da artesanÃa galega actual que pon en valor a cultura e os valores tradicionais pero tamén coa mirada posta no futuro. No evento maridaranse a cociña e a artesanÃa galega nun espazo de diálogo creativo, no que as novas propostas artesanais se presentarán ao longo dos dous dÃas de celebración do evento a cargo de cociñeiros de prestixio. Celebraranse showcoockings a cargo de Iván DomÃnguez, do restaurante Nado (A Coruña) e Miguel González, do H. Rústico San Jaime (Ourense) na xornada do domingo, e de LucÃa Freitas, da Tafona (Santiago) e Pablo Pizarro, de Bocanegra (A Coruña) o luns. Asà mesmo, Cristian Santiago Breijo, de Marea Restaurante (Cariño) farase cargo da Sesión Vermú do domingo e Pablo Morales, de Hazabiro Concept (A Coruña) dun Taller Brunch o luns.
Artesáns
Nos artesáns participantes os produtos cerámicos estarán representados por Arobe Cerámica (A Coruña), Branqueta (A Coruña), Carmen Isabel (Malpica de Bergantiños, A Coruña), Cerámica Unzueta (Brión, A Coruña), COPIA_cerámica (Santiago de Compostela), Fani Sánchez Barreiro (A Coruña), Lanalutum (Lugo), Laura Delgado Cerámica (Cambre, A Coruña), Manuel Figueiras Cerámica (Muros, A Coruña), Mi madre no me deja (Lugo), Misoco (Vigo, Pontevedra), Obradoiro Fernando Porto (A Estrada, Pontevedra), Obradoiro GorÃn (Malpica de Bergantiños, A Coruña), Ojea Studio (Vigo, Pontevedra), Raposiñas. Cerámica feita devagar (A Pobra do Caramiñal, A Coruña), Rectoral de Gundivós (Sober, Lugo), Regal Cerámica Artesán (Viveiro, Lugo), Verónica Moar. Cerámica (A Coruña), VÃctor Ares (A Coruña) e Witchneeds/Ana Tenorio (Vigo, Pontevedra).
Do ámbito da decoración e o escaparatismo participarán Almudena RodrÃguez Giráldez/ Denadinteriores (Santiago de Compostela) e Spacio b (Teo, A Coruña). Ademais darase a coñecer Floriforma (Teo, A Coruña) con arranxos florais, as serigrafÃas de Amorote printing workshop (Ames, A Coruña), as ilustracións de Iria Prol Studio (Xinzo de Limia, Ourense) e a xoierÃa de Yanet Ruiz (Xinzo de Limia, Ourense). O vidro estará representado por Arteviares/CristalerÃa El Reflejo S.L. (A Coruña) e PoloenrÃquez (Cambre, A Coruña), e os coitelos serán de Celso Ferreiro (A Fonsagrada, Lugo) e Cuchillos A. Castro (O Barco de Valdeorras, Ourense).
Pola súa banda, os artesáns da madeira son Atalanta Madera (A Estrada, Pontevedra), Ilex Talla (Santiago de Compostela), Lorenzo Design (Santiago de Compostela) e Xar Arte en Madera (Vigo, Pontevedra). As pezas de cesterÃa son de Idoia Cuesta (Outeiro de Rei, Lugo), e La Parabólica/Julia de la Cal (O Porriño, Pontevedra), mentres que o téxtil estará representado por Belategui Regueiro (Cambre, A Coruña), BRIA concept (Mondoñedo, Lugo), Degerónimo (Santiago de Compostela), Roundie & Colors (Abegondo, A Coruña), e 2.i Uniformes para profesionales (Lugo).
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.