
Ãbrese a tempada co concerto que ofrecerá xunto á Real FilharmonÃa de Galicia o último gañador do Consurso de Piano Paloma OÂ’Shea de Santander, o ucraÃno Dmytro Choni. O programa inclúe o gran Concerto para piano e orquestra nº 2 de Chopin xunto á SinfonÃa “Escocesa” de Mendelssohn. Será o próximo 18 de outubro no CÃrculo das Artes, ás 20:00 h.
Destaca a presenza, no ciclo de concertos, das tres grandes orquestras sinfónicas galegas: a mencionada Real FilharmonÃa de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia que pechará a tempada o 14 de maio e a Orquestra Vigo 430.
A Orquestra viguesa participará en tres datas durante o ciclo, tanto en formato sinfónico, como barroco e tamén xunto ao Coro RÃas Baixas: un concerto conmemorativo do 250 aniversario de L.v. Beethoven será o protagonista do primeiro (15 de febreiro), no que a extraordinaria violinista holandesa Rosanne Philippens dirixirá e actuará como solista no Concerto para violÃn de Beethoven, completando o programa monográfico a súa 2ª SinfonÃa. A Orquestra Barroca Vigo 430 será dirixida polo prestixioso oboÃsta portugués Pedro Castro, nun programa dedicado a Cantatas de J. S. Bach que tamén incluirá o Concerto para oboe de Marcello (25 de xaneiro), e nun terceiro concerto a Orquestra Barroca xunto ao Coro RÃas Baixas, dirixidos por Lina Tur Bonet ofrecerán a Paixón segundo San Juan de J. S. Bach, unha dos cumes do repertorio barroco. A cita para este concerto será o 21 de marzo.
A celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven será outro dos fitos do 2020 que terá presenza ao longo da tempada en varios concertos que incluirán tanto a súa música sinfónica como unha das súas máis destacadas producións, os Cuartetos de corda, que terán presenza en varios concertos, comezando o 17 de xaneiro co estadounidense Brentano String Quartet, un dos cuartetos de corda máis prestixiosos do mundo. Tamén incluirá no seu programa un cuarteto de Beethoven o Ensemble Trifolium, grupo significado na interpretación historicista que actuará o 16 de marzo, finalizando o percorrido por Beethoven, o 4 de abril, o cuarteto de corda máis internacional na actualidade do noso paÃs: o Cuarteto Quiroga.
Un lugar especial e sinalado terá na tempada o concerto dedicado ao ciclo de cancións de Franz Schubert “A Viaxe de Inverno”, obra fundamental na produción do vienés e do romanticismo alemán. Estará a cargo de dous grandes especialistas na materia como son o barÃtono Vicente Antequera e o pianista Óscar Oliver. Será o 7 de decembro.
O 25 de abril a violinista Rusanda Panfili e Dana Pentsov na viola poñeranse á fronte do Ensemble Vigo 430 para ofrecer un programa con dúas obras de cámara excepcionais: o Octeto en mi menor de Mendelssohn e o Sexteto nº 2 de Brahms.
O último gañador do Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo, Giorgi Gigashvili, que ofrecerá un recital de piano o 4 de marzo e o Zoar Ensemble, que actuará o 26 de novembro, serán outras das presenzas destacadas nesta tempada que finalizará o 14 de maio cun concerto extraordinario a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, cun programa de música francesa, no que será o concerto número 700 da Sociedade Filarmónica de Lugo
Todos os concertos do ciclo serán no CÃrculo das Artes de Lugo ás 20:00 h
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.