
A Administración autonómica contará cun Plan de capacitación dixital do empregado público dirixido a todas as persoas que traballan nas administracións públicas galegas e que permitirá acadar o certificado galego de competencias dixitais. Asà o adiantou esta mañá a directora da Amtega, Mar Pereira, na inauguración do Curso Superior de Administración Electrónica, na que tamén interviñeron a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia RodrÃguez-Campos, e o presidente do Colexio de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez.
Máis formación, maior niveis de uso
A responsable da estratexia dixital autonómica sinalou que se está a traballar na concreción deste marco de competencias dixitais, recollido na Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), e que se prevé que estea regulado no 2020. Neste sentido, destacou a importancia da formación no proceso de transformación dixital e lembrou que este ano, grazas á colaboración entre a EGAP e a Amtega, a oferta formativa supera as 1.800 horas en diferentes cursos sobre Administración electrónica e seguridade.
A directora da Amtega subliñou que o acceso dos empregados públicos á formación é chave para que poidan desempeñar a súas funcións nun contexto dixital e intensificar o uso dos servizos dixitais.
O sistema de indicadores do Plan de Goberno e Administración Dixitais 2020 apunta a un incremento no uso dos servizos dixitais tanto dentro e fóra da Administración. A nivel interno no primeiro semestre do ano os empregados públicos realizaron 4,7 millóns de consultas á Plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, 32% máis que en 2018; rexistráronse máis de 233.000 notificacións electrónicas, un 41% máis que no mesmo semestre de 2018 e asinaron máis de 1,8 millóns de documentos electrónicamente, preto do dobre que o ano anterior. Por parte dos cidadáns mantense o incremento da xestións online coa Xunta fronte ás presenciais.
Por outra banda, a directora da EGAP sinalou a importancia da formación do persoal empregado público para poder afrontar os retos tecnolóxicos e normativos que está a supoñer a administración dixital. Neste senso, destacou o proxecto Universo EGAP innova, unha nova iniciativa da Escola que ten como finalidade contribuÃr á implantación da administración electrónica a través dunha formación práctica, colaborativa e dinámica que implique ao alumnado. No marco deste proxecto, o pasado venres convocouse no DOG o primeiro dos E-martes, no que 50 persoas accederán a unha xornada práctica sobre o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
Curso Superior de Administración Electrónica
Un total de 80 empregados públicos participarán ata o 22 de outubro no curso inaugurado hoxe, e que lles permitirá afondar na concepción da Administración electrónica desde unha perspectiva técnico-xurÃdica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da Comunidade. O curso ofrece 30 horas na modalidade semipresencial e 84 en teleformación.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.