Notas de prensa

A campaña 'Non sexas pirata!' chega en agosto aos areais de Galicia para atallar o 'furtivismo de bañador'

O obxectivo desta iniciativa é concienciar á cidadanía sobre a ilegalidade que supón extraer marisco sen permiso de explotación. Para iso en agosto a campaña estará en areais dos concellos de Muros, Mugardos, Noia, Sada, Oleiros, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Vigo, Boiro, O Grove, Foz, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Muxía, Marín, Bueu, Dumbría, Cabanas, Carballo, Carnota, Cangas, Redondela, Outes, Fisterra, Miño, Cee e Baiona.

A Xunta levará durante o mes de agosto a 31 areais de Galicia a campaña de concienciación Non sexas pirata! à praia vense a gozar, non saquear, que se puxo en marcha o pasado 17 de xullo e que se prolongará ata o 31 de agosto, un período no que en total a iniciativa chegará ás 45 praias galegas con máis visitantes e que contan con maior produción marisqueira.

O obxectivo desta iniciativa é concienciar á cidadanía sobre a ilegalidade que supón extraer marisco sen permiso de explotación. Para iso en agosto a campaña estará en areais dos concellos de Muros, Mugardos, Noia, Sada, Oleiros, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Vigo, Boiro, O Grove, Foz, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Muxía, Marín, Bueu, Dumbría, Cabanas, Carballo, Carnota, Cangas, Redondela, Outes, Fisterra, Miño, Cee e Baiona. No posto da campaña que percorrerá estes concellos realizaranse accións de concienciación tanto en horario de mañá como de tarde.

Esta iniciativa de sensibilización dá continuidade á realizada o verán pasado e este verán chegará a un total de 45 areais de 35 concellos, o que supón incrementar a súa incidencia pois en 2018 estivo presente en 35 praias de 21 concellos. O obxectivo é seguir concienciando á cidadanía sobre a importancia do sector marisqueiro na comunidade e da ilegalidade que supón a extracción de marisco sen permiso de explotación.

A campaña busca implicar a todas as partes na loita contra a problemática do furtivismo de bañador mediante a posta en valor do labor dos mariscadores e mariscadoras e o chamamento á responsabilidade de cada bañista. A este traballo de concienciación súmase o que desenvolve o Servizo de Gardacostas de Galicia cos corpos e forzas de seguridade do Estado, que cada verán realizan unha media de máis de 500 inspeccións nas praias galegas que se chegan a saldar cunha media de arredor dunha tonelada de marisco comisado.

O furtivismo é un problema socioeconómico, xa que afecta aos mariscadores profesionais que teñen permiso de explotación, sementan o marisco, limpan as praias e pagan uns impostos, pero tamén un problema medioambiental -porque supón un prexuízo para o ecosistema- e de saúde, pois pode supor un risco para quen consume produto extraído e comercializado de xeito ilegal ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale.

A campaña Non sexas pirata! à praia vense a gozar, non saquear engádese a outras accións de sensibilización da Consellería do Mar como o proxecto piloto desenvolvido no 2016, que consistiu na entrega de 5.000 paipais en diversas confrarías da provincia de Pontevedra con mensaxes de concienciación. Outra é a aplicación móbil Non piques, non peques, que leva preto de 12.000 descargas nas distintas plataformas móbil e que contén información sobre a época óptima de consumo de produtos do mar.

A campaña

As accións que inclúe a iniciativa consisten nunha dinámica de xogo educativo que pretende amosar o traballo que hai arredor do marisqueo e dos profesionais desta actividade. Nelas explícanse aspectos sobre as especies autóctonas de marisco, a importancia de respectar o traballo dos profesionais do marisqueo e a dureza deste labor. Tamén se expoñen diferentes labores que realizan as mariscadoras e os mariscadores como as sementeiras e a limpeza e cuestións sobre os talles mínimos. A gastronomía, a seguridade alimentaria e a rastrexabilidade tamén se abordan de xeito ameno e práctico nas actividades da campaña.

Na seguinte táboa amósanse os lugares nos que se desenvolverá a campaña no mes de agosto. Pode estar suxeita a modificacións en función das previsións meteorolóxicas.

Non sexas pirata!, 2019-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES