Notas de prensa

24 areais de 13 concellos lucenses, forman parte da Rede Galega de Praias sen fume

A Rede Galega de Praias se Fume, que promove a Consellería de Sanidade, suma este ano oito areais en Barreiros e Cervo e un novo concello, o de Chantada coa praia fluvial do encoro de Sangoñedo. Con estas incorporacións, son xa 24 zonas de baño e 13 concellos os adheridos a este programa.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou a boa acollida que está a ter esta iniciativa para reducir o consumo de tabaco nas praias marítimas e fluviais, “unha medida que é dobremente saudable, para os usuarios e para o medio ambiente, porque axuda a manter máis limpos os areais”.

Balseiro lembrou que tanto a adhesión dos concellos como o cumprimento por parte dos usuarios é voluntario, “trátase dunha campaña de concienciación e de promoción da saúde, para ir desnormalizando o consumo de tabaco, que en ningún caso é coercitiva nin ten fins recadatorios”.

As praias de Barreiros que se adhiren na presente campaña son as de Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Valea, Acantilado-Remior, San Bartolo e Altar; con anterioridade xa formaba parte da rede a de Coto. En Cervo súmase a de Cubelas e xa estaba a de O Torno.

Os demais areais da rede son os de Xilloi, Abrela, Caolín e Vidreiro no Vicedo; Esteiro en Ribadeo, A Rapadoira en Foz, e Esteiro en Xove. Entre as praias fluviais súmase a de Chantada á lista que integraban a de Santa Isabel en Outeiro de Rei, a do Clube de Begonte no río Ladra, A Cova no Saviñao, a do río Azúmara en Castro de Rei, a de Xustás en Cospeito, e o Coto da Recadeira en Mondoñedo.

Calidade das augas

O delegado territorial comunicou que a Consellería de Sanidade certificou a calidade das augas das praias da Mariña, outorgando a cualificación de excelente á práctica totalidade dos areais.

O delegado explicou que se analizaron as augas de 45 praias marítimas nos oito concellos costeiros da provincia “e os resultados foron moi positivos, xa que todas son perfectamente aptas para o baño e de feito practicamente todas foron cualificadas de excelentes”.

A Consellería de Sanidade realiza controis periódicos da calidade das zonas de baño que están inscritas no censo oficial. Este programa inclúe a vixilancia sanitaria das zonas de baño mediante a inspección xeral das praias e a analítica das augas, que se realiza no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, situado en Lugo.

Xunta de Galicia, 2019-06-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (maricarme-gaias.jpg) O ciclo de concertos gratuítos Atardecer no Gaiás estará dedicado esta semana a dúas bandas do novo tradi galego, Maricarme e Unto Vello. Ambas as dúas propostas recollen melodías do folclore que actualizan sen perder a súa esencia a partir de novos arranxos e instrumentación contemporánea. Os concertos serán o xoves 16 e venres 17 a partir das 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura. Maricarme presentará o xoves 16 de xullo en Atardecer no Gaiás un adianto do que será o seu primeiro EP, con temas como Eu non quero té, nos que mesturan violíns, pandeiros, bouzouki e electrónica nun son fresco e actual que transita entre a tradición oral e as composicións propias. Este supertrío nace da unión de tres artistas cunha recoñecida traxectoria na escena: Cibran Seixo (Davide Salvado, Abraham Cupeiro), María Jorge (Caldo, Mercedes Peón) e Migui Carballido (Zeltia Irevire, Mäi) e o seu directo escoitouse xa no Festival Maré, Festiletras ou na Foliada da Fonsagrada.
Foto de la tercera plana (incendios-camiones.jpg) O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2026) afronta a súa vindeira campaña coa maior dotación económica da súa historia, alcanzando un total de 213 millóns de euros (un 18 % máis que o ano anterior). Non obstante, alén do esforzo orzamentario en persoal e infraestruturas, o deseño estratéxico para este ano destaca pola integración de tecnoloxía de vangarda e ferramentas de participación cidadá dirixidas a optimizar a detección temperá e a capacidade de resposta operativa no monte.

Notas

Unha nova investigación realizada no xacemento de Cova Eirós (Cancelo, Triacastela, Lugo) permite afondar no coñecemento sobre o clima e o ambiente do pasado nas serras orientais galegas. A investigación, liderada por Hugo Bal García, do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste – Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT) da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (Cispac), conta coa colaboración de dous membros da Universidade de Vigo.
A Universidade da Coruña iniciou o proxecto TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade arredor do Patrimonio Literario Rural, unha iniciativa financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) no marco da convocatoria 2025 de Cultura Científica, na modalidade ACTS (Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES