Notas de prensa

Plan de acción para eliminar a herba da Pampa no Arco Atlántico

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vai participar neste futuro plan de acción para eliminar a planta invasora coñecida como "herba da pampa" (cortaderia selloana) dentro do proxecto comunitario LIFE Stop Cortaderia, que analizará e tratará a eliminación desta herba desde a Costa Oeste de Francia, o Arco Norte de España e Portugal.

A redacción do plan de acción ten por obxectivo establecer a estratexia de actuación e os recursos necesarios para erradicar a coñecida como herba da pampa ou plumacho da Comunidade autónoma de Galicia. Belén Docampo, Directpra xeral de Patrimonio Natural explicou que o establecemento de prioridades para afrontar a erradicación de especies exóticas invasoras é un aspecto no que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural ten traballado nos últimos anos. Recordou que xa ten traballado nunha proposta técnica de Plan estratéxico para a xestión das especies exóticas invasoras en Galicia. Este documento supón un primeiro paso para abordar este problema dun xeito transversal na Administración, priorizando as actuacións de prevención e actuación temperá baseadas nun sistema estandarizado de análise de riscos e de seguimento ambiental, así como aumentar a sensibilización e a educacións sobre os riscos que esta especie implican para a biodiversidade galega.

Así, nos próximos meses SEO/BirdLife xunto ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (Ceida) -socios colaboradores- levarán a cabo os traballos de cartografiado da área de distribución do plumeiro en Galicia, a avaliación da incidencia e da perigosidade da especie en cada área, dacuerdo coa vulnerabilidad á invasión.

O LIFE Stop Cortaderia está coordinado pola Asociación Amica e participan como socios AMPROS, SERCA, SEO/BirdLife, a Cámara Municipal de Vilanova de Gaia e o Instituto Politécnico de Coimbra. O proxecto tamén conta coa cofinanciación da Comisión Europea a través do programa LIFE, o Goberno de Cantabria, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Santander.

Experiencia galega

A directora xeral indico que a herba da pampa é unha especie de alto risco de impacto na nosa biodiversidade, polo que a estratexia de xestión desta especie debe priorizar á contención local e a protección dos sitios prioritarios para a conservación de especies (principalmente a Rede Natura 2000).

Nos últimos anos, a Dirección xeral de Patrimonio Natural está a impulsar a erradicación desta especie nos espazos costeiros da Rede Galega de Espazos Protexidos e as áreas limítrofes. Así mesmo, se ten trasladado a outras administracións implicadas e particulares a necesidade de erradicación da especie fora destes espazos, como, por exemplo, se solicitou aos titulares de vías de comunicacións para promover a erradicación desta especie.

Consellería de Medio Ambiente, 2019-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES