
O Festival Arte pola igualdade nas Letras Galegas, impulsado polas consellerÃas de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional, chega á súa VIII edición para homenaxear nesta ocasión a Antonio Fraguas cun novo cartel no que participan cinco centros de ensino da Coruña e que se poderá desfrutar este xoves, ás 19,00 horas, no Teatro Colón. Asà o anunciaron hoxe o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, e mais o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que animaron “a gozar deste espectáculo no que os valores da lingua e da diversidade van da man de grandes doses de creatividade, sensibilidade e integración para honrar a don Antonio Fraguas nunha cita cultural xa consolidada na axenda do mes das nosas Letras”.
“A proposta, ademais de renderlle tributo ao autor das letras, pretende fomentar o traballo colaborativo, a integración do alumnado con necesidades educativas especiais e demostrar que a discapacidade fÃsica, psÃquica ou sensorial non é impedimento para desenvolver a creatividade e sensibilidade artÃstica”, subliñaron.
Acompañáronos na presentación os xefes territoriais de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional, Jesús Espada e Indalecio Cabana, respectivamente; a directora do CEE Nosa Señora do Rosario, Noelia López; a directora do CEE MarÃa Mariño, M.ª Luz Barreiro; o director do CMUS Profesional da Coruña, Jesús López; o director do CEIP Eusebio da Guarda, Juan M. Millares; a directora artÃstica do espectáculo, Dolores Orellán; e a autora da peza teatral, Arantxa Vera.
Desfile de traxes tradicionais/
O CEE nosa Señora do Rosario, o CEE MarÃa Mariño, o CMUS Profesional da Coruña, o CEIP Eusebio da Guarda e o CEIP LuÃs Seoane festexarán as Letras Galegas a través do Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo para todos os públicos que terá como protagonista e anfitrión o seu alumnado e que se celebrará o xoves, as 19,00 horas, no Teatro Colón da Coruña.
O cartel do festival inclúe un desfile de traxes tradicionais galegos, a dramatización da cantiga O casamento da pulga” e a representación da peza teatral Belulo. O alumnado e o profesorado do CMUS profesional interpretarán cancións tradicionais galegas, Bonse Aba (canción tradicional de Zambia) e o Canto de berce para unha princesa negra, de A. RodrÃguez Sabanés. No espectáculo participarán un cento de alumnos e alumnas.
O festival conta tamén coa colaboración dos CIFPs Ãnxel Casal-Montealto (apoio á comunicación); Someso (maquillaxe e peiteado), Imaxe e Son (medios audiovisuais) e Leixa de Ferrol (cartelarÃa). A entrada é de balde ata completar a capacidade do teatro e poderase retirar previamente no despacho de billetes.
Entre os materiais da edición 2019 figura unha adaptación do conto O casamento da pulga (Cancioneiro de Cotobade, 1985) con pictogramas elaborado polo CEIP Plurilingüe O Mosteirón de Sada (A Coruña) e o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña). Toda a información no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.