Notas de prensa

A mostra 'Recreando personaxes' propón na Biblioteca de Galicia un percorrido histórico e literario a partir do cine e a televisión

Historia, literatura e audiovisual conflúen na exposición Recreando personaxes, que pode verse desde hoxe e ata o 28 de maio no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 'Recreando personaxes' amosa pegada que as actrices e actores galegos deixaron no noso imaxinario poñéndose na pel de relevantes figuras históricas e literarias.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu hoxe a apertura desta mostra divulgativa, da que destacou a súa orixinalidade á hora de lle achegar ao público tanto a historia do noso audiovisual como o papel deste na difusión de relevantes feitos históricos e obras literarias.

Recreando personaxes faino a través da pegada que as actrices e actores galegos deixaron no noso imaxinario poñéndose na pel de relevantes figuras históricas e literarias e, con tal fin, reúne –entre outros materiais– 152 fotogramas protagonizados por 48 actores, 31 actrices e 8 personaxes de animación en 71 títulos para cinema e televisión, entre os que se recollen 46 producións galegas.

A directora de arte Marta Villar é a comisaria desta exposición, organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, o Centro Galego de Artes da Imaxe-Filmoteca de Galicia (CGAI), a Academia Galega do Audiovisual, CRTVG, RTVE e Fundación Aisge.

Talento e industria

Como explicou o conselleiro, os vinte paneis que a compoñen ofrecen tamén un percorrido polo audiovisual galego desde os anos trinta do século pasado ata os nosos días, dando conta tanto do enorme talento das nosas actrices e actores, como do desenvolvemento dunha industria audiovisual “cada vez máis estruturada, formada e competitiva”.

Baixo o nome completo de Actrices, actores e animados galegos RECREANDO PERSONAXES da literatura e da historia no audiovisual, a mostra articúlase en catro seccións. A primeira delas pon o foco nos traballos interpretativos, comezando por dous grandes nomes do cinema internacional nacidos en Galicia: María Casares e Fernando Rey que, entre outros, lle deron vida á duquesa Gina de Sanseverine de A Cartuxa de Parma ou a Don Quijote.

Román Rodríguez referiuse, así mesmo, a outros coñecidos actores e actrices de Galicia ao afirmar que “tanto na escena como no audiovisual galego, contamos cun amplo e variado abano de profesionais de contrastada solvencia”. Entre moitos outros, reúnense nesta exposición fotogramas de Luis Tosar, María Vázquez, Antonio Durán “Morris”, Celso Bugallo, Luis Zahera, Ernesto Chao, Mabel Rivera, Cesar Cambeiro, Uxía Blanco, Manuel Manquiña, Tamar Novas ou Rosa Ãlvarez nalgúns dos seus papeis máis famosos, pero tamén noutros traballos cinematográficos non tan coñecidos polo gran público.

A literatura ocupa a segunda das seccións, centrándose fundamentalmente en adaptacións cinematográficas de grandes autores galegos como Castelao, Ãlvaro Cunqueiro, Wenceslao Fernández Flórez, Ãnxel Fole, Avilés de Taramancos, Manuel Murguía, Roberto Vidal Bolaño e Eduardo Blanco Amor.

Pola súa banda, a construción e expansión do Camiño de Santiago protagoniza o arranque do apartado que Recreando personaxes lle dedica de xeito específico á historia, con títulos como O final do Camiño, Camiño de Santiago: A orixe ou o filme de animación O Apóstolo. Nas vitrinas e paneis desta sección, tamén hai lugar para dous traballos televisivos ambientados na Galicia de finais do XVIII (Hospital Real) e na posguerra e ditadura franquista (Os fillos do sol), así como para unha ollada social cara ao noso pasado máis recente co filme Heroína e a serie Fariña.

A achega feminina

A achega feminina a este percorrido conta coa súa propia sección, vertebrada en torno a catro grandes figuras da cultura e a historia de Galicia que recentemente foron inmortalizadas polo noso audiovisual en catro producións de Zenit TV: Contou Rosalía, Juana de Vega, a condesa do arado; Concepción Arenal, visitadora de cárceres e Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde. Trátase nos catro casos de recreacións en clave biográfica, pero tamén reivindicativas do seu papel proactivo e adiantado ao seu tempo, nun contexto social que relegaba á muller a un papel secundario.

A vertente fotográfica desta exposición complétase con outra serie de materiais que apoian o percorrido, como textos explicativos, edicións especiais dos libros levados á pantalla, elementos identificativos dos personaxes ou debuxos, entre outros. Ademais, a través da aplicación móbil Roar Augmented Reality, a mostra ofrece a posibilidade de ampliar información sobre os filmes e fotografías que se atopan identificados co símbolo correspondente.

Recreando personaxes poderá verse ata o 28 de maio nos horarios habituais da Biblioteca de Galicia, que abre ao público todos os días de 8,30 a 21,00 h.

Agadic, 2019-03-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.
Foto de la tercera plana (escenasdocambio-2026.png) Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, que rescata saberes ancestrais de líderes nativos das primeiras nacións americanas.

Notas

A National Aeronautics and Space Administration, NASA, confirmaba o pasado martes de xeito oficial que o 1 de abril será a primeira data na que se intentará lanzar desde o Centro Espacial Kennedy de Florida Artemis II, a primeira misión lunar tripulada desde 1972. 'Podo confirmar que todo está en orde e non hai ningún impedimento para o lanzamento de Artemis, se as condicións meteorolóxicas o permiten', afirmou a viceadministradora e responsable de exploración espacial da axencia espacial estadounidense, Lori Glanze.
A iniciativa, que este ano desenvolve a súa terceira edición, está promovida por CLARIAH-GAL, o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura que reúne especialistas de diferentes institucións do Estado español co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de recursos, ferramentas e metodoloxías dixitais para a investigación en humanidades, artes e ciencias sociais, no marco dos consorcios europeos CLARIN e DARIAH.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES