Notas de prensa

Inaugúrase 'Máis alá do Estereotipo', primeira exposición individual da artista Mery Pais en Galicia

Comisariada por Íñigo Rodríguez, a exposición recolle o máis importante traballo da autora desde os seus anos de formación no Instituto de Belas Artes de Tetuán ata os proxectos máis recentes. As pezas escollidas para Máis alá do Estereotipo mostran a súa versatilidade técnica, con fotografía, vídeo instalación, cerámica, instalación sonora ou neon. Pais é unha creadora Valente e controvertida que aposta nas súas obras por unha arte abertamente política.

A Universidade de Santiago, en colaboración co Concello compostelán e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, inaugura este xoves 28 ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade a mostra ‘Máis alá do Estereotipo’, a primeira exposición individual da artista compostelá Mery Pais (Santiago, 1990) en Galicia.

Comisariada por Íñigo Rodríguez, a exposición recolle o máis importante traballo da autora desde os seus anos de formación no Instituto de Belas Artes de Tetuán ata os proxectos máis recentes. As pezas escollidas para Máis alá do Estereotipo mostran a súa versatilidade técnica, con fotografía, vídeo instalación, cerámica, instalación sonora ou neon.

Pais é unha creadora Valente e controvertida que aposta nas súas obras por unha arte abertamente política e con perspectiva de xénero. Analiza os modelos de conduta que se dan na relación entre Europa e norte de África, sinalando estereotipos enquistados nas dúas sociedades, que anulan o individuo e alimentan os mesmos medos que veñen perpetuándose a ambos lados do Estreito durante séculos.

Así, na Igrexa da Universidade o visitante poderá atopar pezas como Detrás del Velo I e Detrás del Velo II coas que a artista afonda na liberdade de elección individual da muller musulmá ou La Fábrica, unha crítica feroz á relixión como xigante e perenne maquinaria que persiste no distanciamento intercultural.

A mostra poderá visitarse ata o 26 de abril de luns a ventres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:30 e os sábados de 18:00 a 20:30 horas.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-03-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES