Notas de prensa

O III Congreso de Estudos Internacionais 'Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais' terá lugar os días 27 e 28 de marzo en Pontevedra

O espazo humano da lusofonía implica unha comunidade humana que supera os 250 millóns de habitantes, dinámica no económico e cultural, plural e diversa, unida desde a lingua portuguesa e as súas variantes, a historia e as particularidades propias de cada quen. O contexto do século XXI e as dinámicas da globalización na sociedade internacional, están no xermolo destes procesos de organización global.

As relacións de Galicia con Portugal e con todos aqueles territorios de lingua oficial portuguesa, a lusofonía, representa unha área xeográfica prioritaria para a internacionalización de Galicia, dentro do marco autonómico desde a aprobación do Libro Branco de Acción Exterior do ano 2004, durante a presidencia de Manuel Fraga Iribarne.

Dez anos despois, a aprobación no 2014 da Lei Paz Andrade no Parlamento de Galicia tras a iniciativa popular que arrincou en 2012 e que lle deu nome, abriu de forma institucional e concreta as posibilidades de impulsar e promover a relación de Galicia co espazo lusófono, maximizando as posibilidades das relacións con todos aqueles estados, organizacións internacionais e territorios con presenza da lingua portuguesa, sobre todo os Estados fundadores da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP): Portugal, Brasil, Mozambique, Angola, Cabo Verde, Guinea Bissau, Santo Tomé e Príncipe, Timor Oriental, mais tamén territorios como Macau na China, Goa na India, ou o Departamento de Rivera en Uruguai, na fronteira co Brasil.

Así as cousas o espazo humano da lusofonía implica unha comunidade humana que supera os 250 millóns de habitantes, dinámica no económico e cultural, plural e diversa, unida desde a lingua portuguesa e as súas variantes, a historia e as particularidades propias de cada quen. O contexto do século XXI e as dinámicas da globalización na sociedade internacional, están no xermolo destes procesos de organización global e achegan a Galicia un escenario onde enriquecer e promover a súa presenza internacional.

O Congreso busca así ser un foro de debate cívico e académico que pense arredor da participación de Galicia neste espazo internacional, desde posicións construtivas, inclusivas e pro-activas no contexto do quinto aniversario da aprobación da Lei Paz Andrade.

Obxectivos

- Reflexionar sobre o estado de desenvolvemento da Lei Paz Andrade.

- Achegarnos desde Galicia á actualidade económica, sociocultural e xeopolítica da lusofonía, con capacidade para xerar debates e ideas que permitan expresar unha visión propia.

- Impulsar a conciencia cívica e institucional sobre os retos e potencialidades que para Galicia representa o espazo lusófono en todas as súas dimensións.

- Suxerir propostas, diagnósticos, estratexias e marcos de actuación que permitan un maior aproveitamento das posibilidades que brinda a participación na lusofonía e nas relacións cos distintos países que a compoñen, para afondar no noso progreso e benestar.

- Alentar intercambios académicos e científicos que permitan fortalecer os nexos en materia de investigación, desde Galicia co espazo lusófono.

- Visibilizar a tradición de estudos internacionais de Galicia e a presenza de Galicia no espazo de lingua oficial portuguesa por medio dun Plan de comunicación do Congreso en redes sociais.

Participantes e prazos

As inscricións para participar no Congreso poderanse formalizar ata o 26 de marzo de 2019 mediante comunicación dirixida a: info@igadi.org na que debe facerse constar nome e apelidos e e-mail de contacto. A inscrición é gratuíta e expedirase certificado de asistencia a todas aquelas persoas que participen cando menos do 75% das sesións.

O prazo para a presentación de relatorios complementarios ao programa oficial finaliza o 25 de marzo. Deberán enviarse ao enderezo electrónico info@igadi.org e serán potencialmente publicados xunto as Actas finais do Congreso tralo escrutinio do Comité Científico do Congreso.

Destinatarios

• Estudantes da Universidade galega e das Universidades de lingua portuguesa. En particular, para estudantes e investigadores/as de titulacións como: Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas, Xornalismo, Publicidade, Comunicación Audiovisual, Turismo, Xeografía, Dereito, Económicas, Administración e Dirección de Empresas, Historia, Filoloxía e outras...

• Público interesado nesta temática: Cidadanía en xeral, actores políticos, institucionais, económicos, sociedade civil, empresas, entidades socioculturais e educativas, de Galicia, Portugal, Estados e territorios de lingua portuguesa.

Programa

Os principais tópicos deste Congreso son:

• A reflexión desde Galicia sobre as posibilidades da lusofonía no mundo global.

• A participación de Galicia na lusofonía desde unha visión propia.

• O estado da implementación da Lei Paz Andrade, posibilidades e oportunidades.

O programa organizarase por medio dunha Sesión e Conferencia Inaugural, unha Conferencia de Clausura e catro sesións temáticas:

Na sesión Política trataranse temas como: o desenvolvemento da Lei Paz Andrade, o estado das relacións e participación de Galicia na CPLP, a proposta de Galicia coma Casa da Lusofonía no marco da Estratexia de Casas do Estado…

Na sesión Económica achegaranse cuestións como: o presente e futuro das relacións económicas de Galicia cos países da CPLP e o espazo amplo da lusofonía, análises das complementariedades da nosa economía cos países membros da CPLP, as fortalezas, as debilidades e oportunidades do noso posicionamento nos mercados dos países lusófonos...

Na Sesión Sociocultural abordaranse debates como: a problematización postcolonial do concepto de lusofonía e a galeguía coma alternativa ou complemento, o estado das relacións da sociedade civil galega coa sociedade civil lusófona (en sentido amplo),...

Na Sesión Xeopolítica debateranse ideas como: o estado da CPLP coma organización internacional e a “Vissao Estratégica 2026”, o estado das relacións entre os Estados membros da CPLP, as oportunidades das relacións de Galicia e España coa CPLP…

Mércores 27 Marzo

16.00 Sesión institucional de apertura

Presenta: Daniel González Palau (Director do IGADI).

• Xosé Manuel Baamonde Silva, Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

• Manuel Correia da Silva, Vice-Cónsul de Portugal en Vigo.

• Xosé Lago García, Subdirector Xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza, Director GNP-AECT, Xunta de Galicia.

• Xosé Leal Fariña, Deputado responsable Cultura Deputación de Pontevedra.

• Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde do Concello de Pontevedra.

• Manuel Joaquín Reigosa Roger, Reitor da Universidade de Vigo.

16.30 Conferencia Inaugural

"A lingua portuguesa: un valor global" Filipa Soares (Coordenadora da Rede de ensino portugués no estranxeiro para España e Andorra e Centro de Lingua Portuguesa do Camoes I. P. em Madrid).

Presenta: Ãlvaro Xosé López Mira (Universidade de Vigo).

18.00 Sesión Política

Modera: Celso Cancela Outeda (Universidade de Vigo)

Participantes: Representantes dos grupos parlamentarios con representación no Parlamento de Galicia.

• César Fernández, PPdG

• Luis Villares, En Marea

• Concepción Burgo, PSdG-PSOE

• Olalla Rodil, BNG

Xoves 28 de marzo

10.00 Sesión Económica

Modera: Manuel Vázquez (Presidente da Rede Galega de Empresa).

Participantes:

• Hakan Casares Berg (Coordenador do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura de Galicia, actualmente dirixindo o Informe “O coñecemento da lingua portuguesa, unha oportunidade para Galicia").

• Wesley Sá Teles Guerra (Fundador do CERES - Centro de Estudos das Relações Internacionais e consultor da ABRACOMEX - Associação Brasileira de Comércio Exterior, analista de relacións internacionais e paradiplomacia económica).

• Luz Castro (IMAXIN Software, tecnoloxías da linguaxe e multimedia educativo, empresa galega con máis de 20 anos de relación con Portugal e o espazo lusófono).

12.00 Sesión Sociocultural

Modera: Emilia García López (Responsable de Acción Exterior no Consello da Cultura de Galicia).

Participantes:

• Luzia Oca (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Premio VR de Ciências Sociais 2014 “Caboverdianas en Burela”, membra da Comisión de Igualdade do CCG).

• Germano Almeida (Avogado e escritor cabo-verdiano, Prémio Camões 2018).

• Elias Torres Feijó (Universidade de Santiago de Compostela, Grupo Galabra, presidente da Associação Internacional de Lusitanistas 2008-2014).

16.00 Sesión Xeopolítica

Modera: Ângelo Cristóvão (Vicepresidente da Academia Galega da Lingua Portuguesa).

Participantes:

• João Casqueira (Investigador integrado no Centro de Estudos de Populaçao, Economía e Sociedade -CEPESE, Universidade do Porto).

• María Sousa Galito (Investigadora do CICS-NOVA, Universidade Nova de Lisboa e do CESA-CSG, ISEG - Universidade de Lisboa).

• Luis Cardoso (Escritor de Timor Leste).

18.30 Conferencia de Clausura

"A Lei Paz Andrade como modelo de integración e cooperación europea" Xosé Carlos Morell (Empresario, foi o responsable de presentar a Iniciativa cidadá Paz Andrade no Parlamento de Galicia no ano 2013).

Presenta: Roberto Mansilla (Secretario do IGADI).

Ficha técnica

Organizan: IGADI e Observatorio da Gobernanza G3, Universidade de Vigo

Patrocinan: Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Universidade de Vigo.

Lugar de realización: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Comité Científico: Eduardo Daniel Oviedo (Universidad Nacional de Rosario-Argentina), Carmen Mendes (Universidade de Coimbra), Zhu Lun (Academia de Ciencias Sociais de China), Mónica López Viso (Universidade de Vigo); Bichara Khader (Université Catholique de Louvain), Ricardo Antunes (UNICAMP-Brasil), Luciano Concheiro Bórquez (Universidad Autónoma Metropolitana-México), Robert Matthews (New York University), Julio A. Díaz Vázquez (Universidade da Habana); Carlos A. Pereira Menaut (Universidade de Santiago de Compostela); Argimiro Rojo Salgado (Universidade de Vigo); Antonio Martínez Puñal (Universidade de Santiago de Compostela); Fernando González Laxe (Universidade da Coruña); José Soeiro (Universidade do Minho); Ramón Bouzas (Universidade de Santiago de Compostela); Ana Paula Beja Horta (Universidade Aberta, Lisboa); Amelia Sáiz López (Universitat Autónoma de Barcelona); Eduardo Perera Gómez, (Universidad de La Habana).

Directores: Celso Cancela Outeda, Daniel González Palau e Ãlvaro Xosé López Mira.

Coordinación Técnica e Comunicación: IGADI.

Observacións: Todas as informacións relativas ao Congreso serán publicadas en www.igadi.org

Igadi, 2019-03-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES