Notas de prensa

Publícase a primeira guía para facer fronte ao radon en vivendas xa existentes

O Instituto Galego da Vivenda e Solo vén de publicar a primeira guía de recomendacións para evitar os efectos do gas radon nas vivendas xa existentes, ofrecendo información detallada sobre as solucións que se poden adoptar en cada tipo de vivendas para facer fronte ao mesmo. Esta publicación contén información para que os usuarios poidan comprobar se a súa vivenda está en situación de risco de contaminación por radon e especifica as distintas solucións construtivas

A Xunta de Galicia vén de publicar a primeira guía de recomendacións para evitar os efectos do gas radon nas vivendas xa existentes, ofrecendo información detallada sobre as solucións que se poden adoptar en cada tipo de vivendas para facer fronte ao mesmo.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo elaborou unha publicación que contén información para que os usuarios poidan comprobar se a súa vivenda está en situación de risco de contaminación por radon e especifícanse as distintas solucións construtivas, incluído o seu custo estimado para o que se terán en conta as obras complementarias e necesarias para levala a cabo, a súa correcta execución, así como as súas vantaxes e inconvenientes, co obxecto de lle facilitar ao técnico a elección das medidas máis adecuadas a cada caso particular.

A publicación Radon. Guía de recomendacións da mitigación en vivendas existentes, e o seu anexo técnico, pódese descargar en formato pdf dende a propia web do IGVS: www.igvs.es

Con esta guía, Galicia convértese na primeira comunidade autónoma que conta cun documento que indica aos particulares e técnicos as diferentes formas de proceder para evitar a entrada do gas nas vivendas xa existentes e a eliminación do mesmo. No caso das vivendas de nova construción, e en determinadas rehabilitacións, o Código Técnico da Edificación xa inclúe medidas destinadas a este fin, pero non específica como se debe proceder nas vivendas xa existentes, cuestión que queda solucionada coa publicación da guía elaborada polo IGVS.

Esta guía plantexa as máis diversas solucións para a eliminación do radon das vivendas, dende a simple ventilación natural das vivendas á ventilación forzada do interior das vivendas, ventilación a través dunha placa sanitaria, instalacións de barreiras físicas que impidan a entrada do gas na vivenda, sistemas de despresurización do terreo, etc., indicando en cada caso as vantaxes e inconvenientes de cada sistema, a forma de instalalo e o custe aproximado do mesmo.

O gas afecta principalmente ás andares baixos e sotos das vivendas, polo que as casas unifamiliares son as que corren máis risco de estar afectadas polo mesmo.

As medidas para a eliminación do radon están incluídas entre as obras subvencionables no marco das axudas da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, cuxa convocatoria se publicará nas vindeiras semanas, así como nas axudas a concellos para a rehabilitación de antigas vivendas de mestres e vivendas de titularidade municipal e as axudas de conservación do plan de vivenda. Os interesados tamén contan cos préstamos para rehabilitación, con bonificación de ata o 100 por cento dos xuros durante catro anos, a través dos cales poden financiar as actuacións necesarias.

Insti, 2019-03-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES