
Galicia contará a partir de setembro co primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G, grazas a un convenio asinado esta mañá pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa; e o director-xerente de Retegal, Miguel Rodríguez, nun acto que contou coa presenza do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
O programa formativo, enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G.
O curso, que comezará en setembro, está estruturado en cinco módulos e un proxecto fin de curso. Máis de 200 horas lectivas, que cursadas na súa totalidade outorgarán o título de Especialista en Tecnoloxías Celulares de Quinta Xeración (5G) ás persoas cun título de grao ou unha enxeñaría no ámbito das TIC.
Os profesionais do sector cun mínimo de tres anos de experiencia e estudantes de grao que superaran o 75% dos créditos poderán acceder a un ou varios módulos do programa baixo a fórmula de Cursos Complementarios.
O Curso de Especialista será impartido tanto por docentes da universidade como por expertos de multinacionais de telecomunicacións e fabricantes de tecnoloxías.
Plan Galicia 5G
Coa sinatura deste acordo a Universidade de Vigo, formaliza a súa adhesión ao Nodo de Cooperación 5G, un punto de encontro entre desenvolvedores e demandantes de solucións desta tecnoloxía para actuar como concentrador dos retos derivados das demandas do mercado e as capacidades das empresas do ecosistema 5G de Galicia. En novembro formalizábase a adhesión ao nodo os operadores Vodafone, Orange e Telefónica e están prevista novas adhesións nas vindeiras semana.
O Nodo de Cooperación 5G é unha das medidas do Plan 5G Galicia. A Comunidade foi a primeira do Estado en poñer en marcha un plan para situarse como territorio preferente na pilotaxe de solucións innovadoras baseadas en 5G e facilitar que o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en equipamento e software necesaria para desenvolver posibles casos de uso localícese na Comunidade.
O Plan Galicia 5G, elaborado pola Amtega, arrincaba o pasado mes de xullo concibido como unha medida complementaria ás impulsadas pola Unión Europea e o Estado. Tras a posta en marcha do Nodo, a segunda medida é o Plan formativo presentado hoxe para que o ecosistema 5G dispoña de capital humano coas capacidades adecuadas e que o coñecemento das oportunidades que xorden ao redor das 5G sexa accesible a diversos sectores profesionais.
Ademais, o Plan prevé a elaboración dun modelo de ordenanza municipal tipo, promovido pola Xunta e a FEGAMP que facilite os despregamentos e a creación dun Plan de Formación Especializada 5G en colaboración coas Universidades e os axentes do ecosistema 5G.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.