Notas de prensa

Un estudo sobre viñedo ecolóxico realizado na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia recibe o accésit do 'XX Premio Nacional á Investigación en Produción Ecolóxica'

Un estudo sobre viñedo ecolóxico realizado na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e liderado por David Castrillo Cachón, recibiu o accésit dos XX Premios Nacionais en Investigación e Defensa da Produción Ecolóxica “Andrés Núñez de Prado”.

Estes galardóns, outorgados na localidade cordobesa de Baena e organizados pola asociación Ecovalia, perseguen recoñecer o labor de quen traballa en temas relacionados coa produción ecolóxica.

Entre os candidatos á modalidade de investigación, o xurado priorizou aqueles traballos que vinculasen este tipo de produción coa mitigación e adaptación ao cambio climático. Neste sentido, o traballo “Viñedo ecolóxico vs convencional: reservorio de biodiversidad de fermentos para a adaptación aos efectos do cambio climático e a tipicidade do viño” realizado na Evega, ente dependente da Consellería do Medio Rural, conseguiu este recoñecemento especial.

O traballo consistiu nun estudo comparativo sobre a diversidade de fermentos en uvas e mostos de produción ecolóxica fronte á produción convencional en diferentes zonas de Galicia, así como a súa influencia sobre o perfil químico e sensorial dos viños. Esta diversidade estudouse durante tres campañas consecutivas (2013-2015) nas variedades treixadura, albariño, mencía e brancellao, identificándose así 46 especies distintas pertencentes a 22 xéneros.

O análise sensorial de viños ecolóxicos comerciais de Galicia, puxo de manifesto que a produción ecolóxica permite a obtención de viños de calidade diferenciada, incluso nalgúns casos foron preferidos fronte aos convencionais polos propios catadores. Os resultados do estudo mostraron que o viñedo é unha importante reserva da diversidade de fermentos, especialmente en cultivo ecolóxico, que debe ser preservado como un recurso cun potencial uso para mellorar a calidade e tipicidade dos viños fronte aos novos retos e necesidades, incluso máis alá do campo enolóxico.

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, 2018-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES