O evento EIT Food Games promociona desde o campus de Lugo iniciativas de innovación e ideas de negocio
Arredor de 40 persoas, na súa maiorÃa estudantes de doutoramento e investigadores en formación, participaron este venres no evento de emprendemento EIT Food Games, no marco do que se presentaron diversas iniciativas de iniciativas empresariais e innovación promovidas por EIT Food, Campus Terra e outras impulsadas desde o Clúster Alimentario de Galicia.

O programa da xornada, centrada na mellora da cadea alimentaria e orientada á participación de estudantes e investigadores en formación de calquera especialidade a fin de que obteñan información respecto a bolsas, programas de mobilidade e tamén sobre a adquisición de recursos para start ups que podan serlles de utilidade no seu futuro profesional, constituÃu asemade unha oportunidade de achegamento á realidade do emprendemento, asà como ás distintas iniciativas neste eido promovidas por EIT Food, Clusaga e tamén desde o Campus Terra da USC.
As persoas que tomaron parte nesta xornada, promovida por EIT tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a experiencia de persoas que xa lanzaron iniciativas emprendedoras de base tecnolóxica xurdidas no campus de Lugo da man de representantes e impulsores de dúas realidades empresariais como o son TasteLab e Innolact.
Responsables da firma Angulas Aguinaga, orientada a achegar solucións a problemas actuais da industria agroalimentaria, tamén se ocuparon de conducir un workshop no marco deste programa e durante o que se propuxo aos participantes retos da industria alimentaria que requiren solucións innovadoras. Os integrantes do equipo que achegou as propostas máis solventes aos problemas expostos obtiveron un recoñecemento á súa capacidade innovadora na clausura do evento.
EIT Food é a Comunidade Europea de Coñecemento e Innovación dependente do Instituto Europeo de Innovación e TecnoloxÃa creada para transformar o noso ecosistema alimentario. Ao conectar aos consumidores con empresas, start ups, investigadores e estudantes de toda Europa, EIT Food apoia iniciativas innovadoras e economicamente sustentables que melloran a nosa saúde, o noso acceso a alimentos de calidade e o noso medio ambiente.
Universidade de Santiago de Compostela, 2018-12-14
Actualidad

A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turÃsticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turÃstica e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.

Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O dÃa 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o dÃa 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O dÃa 10 de setembro, ‘La VueltaÂ’ despÃdese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.
Notas
O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteÃna p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, poderÃa ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuÃr a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehÃculo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehÃculo de transferencia orbital desenvolvido en España.