Notas de prensa

Expertos nacionais e internacionais reúnense en Palexco na Coruña esta fin de semana na III edición do Congreso Blockchain

A inauguración deste evento será presidida o venres polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e conta co apoio do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña. CIBTC Coruña propón unha programación transversal con charlas, debates e talleres. A tecnoloxía Blockchain ou cadea de bloques defínese como unha base de datos sólida, distribuída, inviolable e criptográficamente segura.

É lugar perfecto para almacenar dereitos de propiedade, credenciais, identidades (de obxectos ou persoas) e acordos entre partes.


Os contidos presentados neste congreso, e que se prolongarán de venres e domingo, diríxense a emprendedores, autónomos, pemes e profesionais, que queren analizar estas tecnoloxías e queren coñecer máis e/ou profundar no seu uso. Neste sentido, trataranse temas sobre aspectos legais, fiscais e de regulación da situación de Blockchain en España. Tamén abordarán as posibilidades en industria financeira e medios de pago, real estate, innovación, transformación dixital e redes sociais descentralizadas.

Entre os relatores atópase o deputado nacional e doutor en Enxeñería de Telecomunicacións Teodoro García Egea, que será o encargado de contar aos asistentes a situación de Blockchain en España e a súa futura lexislación. A súa charla será o mañá, venres 14 ás 12,30 horas.

Participarán tamén expertos das asociacións AgalBit e Blockchain Gal xunto a expertos de Tecnalia, Grant Thorthon e Telefónica, que darán as pinceladas sobre estas tecnoloxías desde cero, ata facer unha anatomía dos contratos intelixentes co obxectivo de facer un achegamento á compresión.


Turismo A Coruña, 2018-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-hotel-cama.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES