Máis de 900 pacientes crónicos están incluídos no programa TELEA que permite o seu seguimento monitorizando constantes desde o domicilio
Un total de 932 pacientes crónicos son monitorizados polo Servizo Galego de Saúde, sen necesidade de acudir ao seu centro de saúde, grazas á ferramenta tecnolóxica TELEA. Trátase dun proxecto de innovación que pon en contacto directo aos equipos de profesionais cos pacientes.

Este programa facilita o traballo conxunto dos profesionais da atención primaria e hospitalaria e contribúe a mellorar o control das enfermidades crónicas, a evitar descompensacións e ingresos, e polo tanto mellorar a súa calidade de vida.
O Sergas continúa a estender a implantación desta iniciativa, o obxectivo é finalizar o ano co 50% dos centros de Galicia con esta posibilidade, e co 100% no ano 2019. Este programa é unha das apostas da Administración sanitaria galega para conseguir unha abordaxe integral da cronicidade na atención primaria grazas ao uso das novas tecnoloxías.
Os pacientes crónicos poden solicitar de forma voluntaria a inclusión no programa TELEA. Unha vez rexistrados, miden no seu domicilio de forma regular e autónoma as súas variables (tensión, glucemia...) e anotan os resultados no programa, que aparecen incluídos na súa historia clínica.
O profesional responsable do seu control visualiza e monitoriza esas constantes e comunícase, se o precisa, co paciente (por chamada telefónica, videoconferencia ou de forma presencial) e determina en función da súa situación, actuacións encamiñadas a restaurar a normalidade.
Deste xeito, o persoal de enfermería exerce as funcións de xestores no caso dos pacientes crónicos pluripatolóxicos que están nos seus domicilios. TELEA permite tamén que, no caso de pacientes con gran dependencia, sexa o coidador quen poida interactuar e aportar información do doente aos profesionais sanitarios.
As funcionalidades da plataforma TELEA posibilitan aos profesionais ter unha actitude proactiva no seguimento do paciente, dando una resposta en tempo no caso de alteración da patoloxía de base, e establecen niveis de control personalizados en función das necesidades clínicas, sociais ou funcionais de cada paciente. Ademais permite o contacto co doente no seu propio domicilio, evitando desprazamentos.
Ademais, o Sergas iniciou, o pasado mes de abril, o seguimento a través da plataforma TELEA de menores con diabetes mellitus tipo 1. O programa inclúe, por primeira vez, a pacientes pediátricos con esta medida que beneficiará a máis de 200 menores galegos. Esta ferramente posibilita que os datos de glucemia, dose de insulina, racións de hidratos de carbono e o exercicio físico, poidan ser rexistrados por día e por rango horario tanto por estes pacientes como polos seus proxenitores nos seus domicilios. Os profesionais que realizan o seguimento dos pacientes menores con diabetes mellitus tipo 1 son pediatras de atención hospitalaria.
Programa Telea, 2018-12-10
Actualidad

A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.

Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, La Vuelta despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.
Notas
O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.