Galicia exhibe no Salón Náutico de ParÃs a súa oferta turÃstica neste eido con instalacións recreativas de primeiro nivel
A oferta náutica da Comunidade galega estará presente na LVIII edición do Salón Náutico de ParÃs, desde hoxe e ata o dÃa 16 de decembro, ao obxecto de promover internacionalmente o turismo náutico e a actividade das instalacións náutico recreativas galegas, nun certame que reúne anualmente uns 250.000 visitantes de todo o mundo.

Este ano, instalouse un recinto de 48 metros cadrados a través do que se difundirá a oferta náutica galega neste certame, que chega á súa LVIII edición e no que a entidade de promoción turÃstica da Xunta de Galicia participa dende hai 19 anos. O recinto para promover o turismo náutico galego posibilitará tamén a toma de contacto e as relacións comerciais entre os profesionais galegos e os empresarios do sector.
A ConsellerÃa de Cultura e Turismo e a ConsellerÃa do Mar, a través da Axencia Turismo de Galicia e de Portos de Galicia participan neste espazo dedicado a Galicia, apoiando a promoción e a consolidación da Comunidade como destino náutico de primeira orde internacional.
Axentes especializados
Ademais do contacto empresarial cos participantes no Salón, o Goberno autonómico desenvolverá unha axenda de reunións, na que se incluirán encontros institucionais e presentacións públicas para difundir o potencial da náutica galega e o das súas instalacións e servizos portuarios. O Salón Náutico de ParÃs contará coa presenza de máis de 700 expositores e máis de 1.000 barcos, mentres que se esperan máis de 200.000 visitantes.
Segundo datos da presenza de Galicia en anteriores edicións, a gran maiorÃa dos visitantes son afeccionados á náutica que valoran moi positivamente as condicións de navegabilidade da nosa costa, a gastronomÃa, a paisaxe e a hospitalidade da xente. O perfil dos visitantes con maior interese pola nosa Comunidade corresponde a persoas de máis de 40 anos procedentes de Bretaña e NormandÃa e doutros paÃses limÃtrofes como Bélxica. Galicia resulta ser un destino atractivo como escala para travesÃas do Atlántico.
Xunta de Galicia, 2018-12-10
Actualidad

A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turÃsticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turÃstica e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.

Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O dÃa 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o dÃa 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O dÃa 10 de setembro, ‘La VueltaÂ’ despÃdese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.
Notas
O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteÃna p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, poderÃa ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuÃr a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehÃculo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehÃculo de transferencia orbital desenvolvido en España.