Publicado o mapa de demanda temperá da plataforma que permitirá á televisión pública autonómica ofrecer contidos dixitais innovadores
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Mapa de Demanda Temperá para deseñar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá aos máis novos novas experiencias didácticas adaptadas aos hábitos de consumo actuais.

Este documento, dispoñible na web da Amtega, é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado este ano por ambas entidades. O Mapa recompila as ideas achegadas polas 20 entidades (empresas e agrupacións de empresas) que participaron no proceso. Coa súa publicación anticÃpase ao mercado o plan de contratación previsto pola Amtega á hora de licitar este proxecto.
O seguinte paso será será a publicación da licitación que está prevista para o primeiro trimestre do ano 2019 por un importe máximo de 1.780.000 euros.
Contidos dixitais interactivos
Con esta iniciativa a televisión pública autonómica contará cunha plataforma que lle permitirá ofrece contidos divulgativos de ámbito cientÃfico e tecnolóxico para rapaces en idade escolar.
Empregará técnicas de Big Data e Intelixencia Artificial que permitirán analizar os comportamentos da audiencia e crear experiencias personalizadas.
Ademais, para mellorar a experiencia de usuario incorporaranse as segundas pantallas, asà como a creación de contidos especÃficos baseados nas últimas tendencias tecnolóxicas como a realidade aumentada, realidade virtual, hologramas etc...
Plan DicoMindset
Esta iniciativa enmárcase no Plan de impulso ao sector dos contidos dixitais, DicoMindset, que está a desenvolver a Amtega, en colaboración con distintas entidades do ámbito público (Igape, CRTVG, Agadic, etc.), que se estende tamén aos actores do ámbito privado (Clúster TIC, Clúster Audiovisual, empresas tractoras, etc.). En total, DICO Mindset conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de 1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no perÃodo 2018-2020.
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, 2018-12-03
Actualidad

A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turÃsticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turÃstica e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.

Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O dÃa 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o dÃa 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O dÃa 10 de setembro, ‘La VueltaÂ’ despÃdese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.
Notas
O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteÃna p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, poderÃa ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuÃr a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehÃculo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehÃculo de transferencia orbital desenvolvido en España.