
Esta obra seguiu a contar co acompañamento do público durante este ano de xira por numerosos escenarios galegos, ademais de obter múltiples recoñecementos nos Premios María Casares de Teatro, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e no Festival de Teatro Galego do Carballiño, entre outros.
𝖠 𝖯𝖠𝖭𝖠𝖣𝖠𝖱Í𝖠, 𝖾𝗇 𝖼𝗈𝗉𝗋𝗈𝖽𝗎𝖼𝗂ó𝗇 𝖼𝗈 𝖢𝖣𝖦:
Salón Teatro de Santiago, do xoves 25 ao domingo 28
De xoves a sábado, ás 20.30 h
Domingo, ás 18.00 h
𝖣𝗂𝗋𝖾𝖼𝖼𝗂ó𝗇: 𝖦𝖾𝗇𝖺 𝖡𝖺𝖺𝗆𝗈𝗇𝖽𝖾
𝖳𝖾𝗑𝗍𝗈: 𝖤𝗌𝗍𝗁𝖾𝗋 𝖥. 𝖢𝖺𝗋𝗋𝗈𝖽𝖾𝗀𝗎𝖺𝗌, 𝖦𝖾𝗇𝖺 𝖡𝖺𝖺𝗆𝗈𝗇𝖽𝖾 𝖾 𝖠 P𝖺𝗇𝖺𝖽𝖺𝗋í𝖺
𝖤𝗅𝖾𝗇𝖼𝗈: 𝖠𝗋𝖾𝗍𝖺 𝖡𝗈𝗅𝖺𝖽𝗈, 𝖭𝗈𝖾𝗅𝗂𝖺 𝖢𝖺𝗌𝗍𝗋𝗈 𝖾 𝖠𝗂𝗅é𝗇 𝖪𝖾𝗇𝖽𝖾𝗅𝗆𝖺𝗇
𝖬ú𝗌𝗂𝖼𝖺: 𝖠𝗂𝗅é𝗇 𝖪𝖾𝗇𝖽𝖾𝗅𝗆𝖺𝗇
𝖵𝖾𝗌𝗍𝗂𝖺𝗋𝗂𝗈 𝖾 𝖼𝖺𝗋𝖺𝖼𝗍𝖾𝗋𝗂𝗓𝖺𝖼𝗂ó𝗇: 𝖥𝖺𝗇𝗒 𝖡𝖾𝗅𝗅𝗈
𝖨𝗅𝗎𝗆𝗂𝗇𝖺𝖼𝗂ó𝗇: 𝖬𝗈𝗇𝗍𝗌𝖾𝗋𝗋𝖺𝗍 𝖯𝗂ñ𝖾𝗂𝗋𝗈 𝖾 𝖫𝖺𝗎𝗋𝖺 𝖨𝗍𝗎𝗋𝗋𝖺𝗅𝖽𝖾
Sinopse:
𝖮 𝟪 𝖽𝖾 𝗑𝗎ñ𝗈 𝖽𝖾 𝟣𝟫𝟢𝟣 𝖽ú𝖺𝗌 𝗆𝗎𝗅𝗅𝖾𝗋𝖾𝗌, 𝖤𝗅𝗂𝗌𝖺 𝖾 𝖬𝖺𝗋𝖼𝖾𝗅𝖺, 𝖼𝖺𝗌𝖺𝗇 𝗇𝖺 𝗂𝗀𝗋𝖾𝗑𝖺 𝖽𝖾 𝖲𝖺𝗇 𝖷𝗎𝗋𝗑𝗈 𝗇𝖺 𝖢𝗈𝗋𝗎ñ𝖺. 𝖯𝖺𝗋𝖺 𝖼𝗈𝗇𝗌𝖾𝗀𝗎𝗂𝗋 𝖾𝗇𝗀𝖺𝗇𝖺𝗋 𝖺𝗈 𝖼𝗎𝗋𝖺 𝖾 𝖿𝖺𝖼𝖾𝗋 𝗈𝖿𝗂𝖼𝗂𝖺𝗅 𝗈 𝗌𝖾𝗎 𝖺𝗆𝗈𝗋, 𝖤𝗅𝗂𝗌𝖺 𝗍𝗋𝖺𝗇𝗌𝖿ó𝗋𝗆𝖺𝗌𝖾 𝖾𝗇 𝖬𝖺𝗋𝗂𝗈. 𝖠 𝗏𝗈𝖽𝖺 𝖾 𝗈𝗌 𝗉𝗈𝗌𝗍𝖾𝗋𝗂𝗈𝗋𝖾𝗌 𝗌𝗎𝖼𝖾𝗌𝗈𝗌 𝗊𝗎𝖾 𝖾𝗇𝗏𝗈𝗅𝗏𝖾𝗇 𝖺 𝗌ú𝖺 𝗁𝗂𝗌𝗍𝗈𝗋𝗂𝖺 𝖼𝗈𝗇𝗏é𝗋𝗍𝖾𝗇𝖺𝗌 𝗇𝗈 𝗉𝗋𝗂𝗆𝖾𝗂𝗋𝗈 𝗆𝖺𝗍𝗋𝗂𝗆𝗈𝗇𝗂𝗈 𝗁𝗈𝗆𝗈𝗌𝖾𝗑𝗎𝖺𝗅 𝖽𝗈 𝗊𝗎𝖾 𝗍𝖾𝗆𝗈𝗌 𝖼𝗈𝗇𝗌𝗍𝖺𝗇𝖼𝗂𝖺 𝖾𝗇 𝗍𝗈𝖽𝗈 𝗈 𝖤𝗌𝗍𝖺𝖽𝗈 𝗆𝖺𝗂𝗌 𝗍𝖺𝗆é𝗇 𝗇𝗎𝗇𝗁𝖺𝗌 𝖽𝖺𝗌 𝗆𝗎𝗅𝗅𝖾𝗋𝖾𝗌 𝗆á𝗂𝗌 𝗍𝗋𝖺𝗇𝗌𝗀𝗋𝖾𝗌𝗈𝗋𝖺𝗌 𝖽𝖺 𝖧𝗂𝗌𝗍𝗈𝗋𝗂𝖺 𝖽𝖾 𝖦𝖺𝗅𝗂𝖼𝗂𝖺. 𝖤𝗅𝗂𝗌𝖺 𝖾 𝖬𝖺𝗋𝖼𝖾𝗅𝖺 𝗌𝗈𝗇 𝗎𝗇 𝗌í𝗆𝖻𝗈𝗅𝗈 𝖽𝗈 𝖽𝖾𝗌𝖺𝖿í𝗈 á𝗌 𝗋𝖾𝗀𝗋𝖺𝗌 𝖽𝗈 𝖻𝗂𝗇𝗈𝗆𝗂𝗈 𝖽𝖾 𝗑é𝗇𝖾𝗋𝗈 𝖾 𝖽𝖺 𝖽𝖾𝖿𝖾𝗇𝗌𝖺 𝖽𝗈𝗌 𝖽𝖾𝗋𝖾𝗂𝗍𝗈𝗌 𝖽𝖺𝗌 𝗉𝖺𝗋𝖾𝗅𝗅𝖺𝗌 𝗅é𝗌𝖻𝗂𝖼𝖺𝗌.
Entradas:
De xoves a sábado: 10 euros, sobre os que se aplican os descontos havituais
Domingo, día do espectador: 5 euros (prezo único)
Venda de billetes en entradas.abanca.com, no teléfono 902 434 443 ou no despacho de billetes do teatro, aberto desde dúas horas antes do comezo da función.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.