Notas de prensa

Vense de constituir a Federación internacional de Asociacións do Camiño Portugués de Santiago

No Parador Nacional de Turismo de Tui, diversas asociacións do Camiño Portugués a Compostela asinaron a constitución da Federación Internacional de Asociacións do Camiño Portugués de Santiago, en acto que contou coa presenza de Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia.

A posta en marcha desta federación reforzará o papel das asociacións de amigos do Camiño de Portugués tanto en Galicia como no país veciño á hora de traballar a prol dos valores tradicionais da peregrinación e da súa preservación e difusión.

Este acordo prodúcese no ano no que a Xunta, a través da Consellería de Cultura e Turismo, dedica as principais accións do Plan director do Camiño de Santiago ao Camiño Portugués e ao Camiño Portugués da Costa, coa súa sinalización e mellora ou actividades de dinamización cultural e promoción, entre outros.

Neste sentido, Galicia e Portugal están a traballar xuntas no proxecto europeo "Fazer Caminho", que aspira optimizar as sinerxías ao redor da ruta xacobea neste territorio.

O Camiño Portugués, con máis de 62.000 peregrinos, estase a consolidar como o segundo itinerario más percorrido cun crecemento do 14,5%. Pola súa banda, o Camiño Portugués da Costa recibiu no que vai de ano máis de 12.000 peregrinos, o que supón un 88% máis.

Xunta de Galicia, 2018-10-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (orballo-cultural.jpg) O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.
Foto de la tercera plana (tesoureiras-de-noso.jpg) A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.

Notas

A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES