Notas de prensa

Estrea en Galicia da nova creación de La Macana, 'Pink Unicorns'

O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de por en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa amplia experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva millennial co seu querido pai.

Pink Unicorns conta ca coprodución do Agadic en Galicia e o o respaldo de dúas importantes institucións adicadas á danza en Alemaña: o Theater im Pumpenhaus e o Theater Bremen, así como algunhas colaboracións fundamentais no noso propio territorio como a do Teatro Rosalía de Castro da Coruña que acolle a estrea no noso país.

La Macana. Unha traxectoria internacional con sede en Galiza

LA MACANA é unha compañía de danza con base en Galicia formada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. As colaboracións continuadas con outros artistas e a forte proxección internacional dos seus proxectos son dous dos pilares fundamentais sobre os que se constrúe LA MACANA.

Actividades expandidas no seu paso pola Programación Expandida TRCDanza

Formar parte do programa da Programación Expandida TRCDanza implica que a oportunidade de partillar coa compañía non remata no día da función senón que se desplega unha serie de accións expandidas arredor do seu paso polo teatro.

“Arte para nais + pais + adolescentes” é un microprograma de inmersión artística para familias co que compartirán as táboas do escenario os días 19 de outubro e 9 de novembro.

Data de estrea en ALEMAÑA e primeiras funcións

7 e 8 de setembro - Theater im Pumpenhaus (Münster, Alemaña)
13 e 14 de outubro - Theater Bremen (Bremen, Alemaña)

Data de estrea en GALICIA

20 de outubro - Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

La Macana, 2018-10-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES