Notas de prensa

'Memoria da Chaira Enteira', na honra de Manuel María

Este sábado, 8 de setembro, cúmprense catorce anos do pasamento de Manuel María, o poeta da Terra Chá, e un ano máis se vai celebrar, impulsada por Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá, a ”Memoria da Chaira Enteira”. Terá lugar no seu Outeiro de Rei natal, dando comezo os actos ás 14,30, cun xantar no Restaurante Río Ladra, á beira do río, en terras de Gaioso. Na Carballeira de Santa Isabel terá lugar a entrega de As Navallas do Manuel a Branca Rodríguez Pazos e (a título póstumo) a Moncho Valcárce.

Ás cinco da tarde, os participantes trasladaranse áo mítico lugar de As Penas de Rodas para, xunto ás Penas, ofrecer un recital de poesía, tanto de creacións de Manuel María como de poemas dos autores presentes.

Ás seis e media da tarde, cada participante levará unha rosa ao cemiterio de Outeiro de Rei, onde está soterrado o poeta e membros da súa familia. O acto comezará co Canto da Irmandade, “O Carro”, poema de Manuel María e música de Mero, e tamén aquí os presentes lerán poemas do Manuel.

Finalmente, na Carballeira de Santa Isabel, terá lugar a entrega de As Navallas do Manuel a Branca Rodríguez Pazos e (a título póstumo) a Moncho Valcárce. Presentarán estes recoñecemos Marica Campo, David Otero e Mero Iglesias. Celebrarase tamén o bocado comunal e grolo de irmandade (pan, queixo e viño do país), rematando os actos cun recital de música.

Irmandade Manuel María , 2018-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES