
Tamén o domingo Ponte Ledesma (Boqueixón) acollerá outra montaxe circerse, Forzu2 de Circo Chosco, mentres que o Auditorio da Azucreira de Portas recibirá a compañÃa PÃscore co seu Concerto singular. En ambos casos, as actuacións darán comezo ás 18,00 h.
A programación continuará ata finais de mes noutra trintena de localidades, todas elas situadas nalgunha das rutas do Camiño de Santiago en Galicia. É o caso dos concellos coruñeses da Coruña, Culleredo, Fisterra, Mazaricos, Neda, O Pino, Oroso, Ribeira, Teo e Vilasantar; de A Fonsagrada, Begonte, Chantada, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Palas de Rei, Paradela e Sober, en Lugo; de Ourense e San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense; e dos pontevedreses da Guarda, Caldas de Reis, Catoira, Meaño, Oia, Pontecesures, Redondela, Silleda e Valga.
Esta sexta edición do ciclo mantén como obxectivo enriquecer e descentralizar a oferta cultural galega, asà como dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, música, maxia, novo circo e danza producidos en Galicia de xeito profesional. De feito, este ano son 142 as formacións artÃsticas en cartel, cifra moi superior á das 56 compañÃas coas que esta iniciativa se puxo en marcha en 2013.
A programación concéntrase nos meses centrais do ano para coincidir co perÃodo de maior auxe das peregrinacións e, deste xeito, contribuÃr tamén a enriquecer o programa turÃstico dos concellos participantes.
Para conseguilo, Cultura no Camiño conta en 2018 cun investimento de 570.600 euros, asumido pola Xunta de Galicia e mais os concellos participantes, que costean parte dos cachés artÃsticos.
O calendario de actuacións está dispoñible para a súa consulta no web da Agadic, asà como na sección de axenda da páxina de Cultura da Xunta de Galicia.
Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino hÃbrido E-Dixgal. A ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saÃr outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP PenÃnsula da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Durante seis dÃas do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da rÃa de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.