A ruta percorre o antigo Camiño Xacobeo secundario, con tramos pola ribeira do Pambre ata chegar ao castelo.
O punto de partida é a igrexa de San Miguel de Coence, no concello de Pambre, ás 10:30 horas e a andaina, de seis quilómetros e dificultade media, terá lugar por camiños de terra e chan irregular de pedra. Trátase dun achegamento ao románico nas terras da Ulloa, ao pasado guerreiro desa liñaxe desde a Idade Media e ao castelo construído por eles, emblema da comarca e parte do escudo do municipio. A volta farase en autobús. O zanfonista e contacontos Francisco Romualdo está a cargo da parte musical da andaina.
O Patrimonio industrial nos Peares
A comarca dos Peares, a terra dos tres ríos, pertencente a catro concellos e porta de entrada á Ribeira Sacra é o obxectivo da andaina do domingo 26. Unha aproximación diferente ao patrimonio menos coñecido da zona, o industrial, mostra dun pasado emprendedor. A hora de saída da andaina é as 10:30 horas, con catro quilómetros e medio de percorrido fácil, que transcorre entre o punto de encontro, a estación de tren dos Peares, pola ponte do Miño ata chegar ao encoro dos Peares, cruzando á outra beira para regresar ao núcleo do lugar.
Xoán Carmona Badía, catedrático de institucións económicas da USC e investigador da historia marítima e empresarial é o experto en patrimonio industrial que descubrirá para os camiñantes un pasado económico marcado polo ferrocarril, a vitivinicultura e as eléctricas. As voces e a música de Son Trío, formado por Katerina Linke, Su Garrido e Susanna Blanco son as responsables deste Monumenta Escoita.
Vídeo para difundir a iniciativa
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de lanzar un vídeo para difundir unha iniciativa que chega xa aos seis anos e que esperta un grande interese entre o público. A creación audiovisual pódese ver na páxina de Cultura https://www.cultura.gal/gl/videos e na súa canle de YouTube https://youtu.be/JuHqK_kKeBw.
Para favorecer un maior aprecio e coñecemento do patrimonio cultural, a Consellería vén promovendo iniciativas de achegamento aos bens monumentais a través de vivencias novas. Nesta liña enmárcanse este ciclo de Monumenta e Espazos Sonoros, que dará comezo a vindeira semana, así como outras iniciativas que contan co apoio do departamento, como o Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera ou o Festival Groba.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.