
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia destina un total de 200.000 euros, a mesma cantidade que en anos anteriores, a estas bolsas. A contía de cada axuda individual cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario, segundo os prezos públicos establecidos para a prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do SUG. En función do tipo de máster que curse o beneficiario o importe máximo de axuda a conceder será de 1.881,60 e o mínimo de 591 .
Para solicitar a axuda as persoas candidatas deberán estar en situación de desemprego á data de presentación da solicitude, ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 e estar matriculadas no curso académico 2018/2019 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, convalidados ou adaptados.
Criterios de selección
A selección das solicitudes que cumpren os requisitos establecidos na convocatoria será realizada pola comisión avaliadora atendendo á orde de prelación indicada na convocatoria. Deste xeito, en primeiro lugar, terán preferencia as solicitudes daquelas persoas que leven máis días inscritas ininterrompidamente no Servizo Público de Emprego de Galicia sempre e cando acaden os 180 días e non teñan outra titulación de máster oficial; e, en segundo lugar, as que leven máis días incritas e xa teñan outra titulación de máster oficial.
En terceiro lugar, contemplaranse as solicitudes daquelas persoas que dispoñan de máis días de inscrición ininterrompida no Servizo Público de Emprego de Galicia non acadando os 180 e non teñan outra titulación de máster oficial; en cuarto lugar as que xa posúan un título de máster.
En caso de empate entre dous ou máis solicitantes procederase ao desempate atendendo á maior antigüidade na data de obtención do título que lle dá acceso aos estudos de máster universitario, para o que se terá en conta o mes e ano no que superou os estudos conducentes ao mencionado título.
A convocatoria pode consultarse en: (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180822/AnuncioG0164-090818-0002_gl.html )
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.