
O presidente de Fademga, Eladio Fernández, tamén asistiu ao acto de apertura desta exposición, que forma parte da campaña “CapacitARTE” na que participan a Xunta e as entidades que forman parte do Comité Español de Persoas con Discapacidade na Comunidade Autónoma (Cermi Galicia). Esta iniciativa consiste na realización de mostras monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das organizacións que forman parte da delegación galega do Cermi.
Na súa intervención, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola GarcÃa, explicou que o obxectivo desta serie de exposicións “é dar visibilidade ás persoas con distintas capacidades, asà como poñer en valor a importante tarefa que levan a cabo as entidades, sempre a pé campo e ao carón das persoas que máis precisan de apoio e das súas familias”.
Nesta liña, a directora xeral felicitou a Fademga polo traballo que realiza a prol da plena inclusión, que está documentado na exposición que hoxe se abriu de maneira oficial. “Detrás destas imaxes está todo o traballo, esforzo, dedicación e afán de superación que cada dÃa amosan as persoas con discapacidade intelectual”, apuntou.
A responsable autonómica garantiu o compromiso da Xunta de seguir traballando pola integración real e á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, tanto a través de novas convocatorias de emprego reservadas en exclusiva para este colectivo como favorecendo nos criterios de licitación de servizos a aquelas entidades e empresas sociais nas que estas persoas supoñan unha porcentaxe importante do seu persoal.
Asà mesmo, Fabiola GarcÃa subliñou o reforzo económico dos convenios de colaboración coas entidades do ámbito da discapacidade, cuxas contÃas medran de novo este ano un 5%. E, ao fÃo disto, lembrou que o actual orzamento autonómico incrementou nun 8% as partidas económicas para servizos, programas e axudas destinados a persoas con discapacidade, ata situarse nun montante total de case 103 millóns de euros. “Continuaremos traballando man a man coas entidades, facilitándolles os recursos que precisan para que poidan prestar un mellor servizo”.
A campaña “CapacitARTE”, que se está a desenvolver nas instalacións de San Caetano, consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que conforman o Cermi-Galicia. O obxectivo, é dar visibilidade ás persoas con discapacidade, ao mesmo tempo que o movemento asociativo pode contar dunha maneira máis exhaustiva o traballo diario dos profesionais en prol do colectivo de persoas con discapacidade intelectual e familias.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.