Notas de prensa

Unha empresa de Gondomar crea un sistema para mellorar a seguridade das persoas nos rescates de embarcacións precarias en mar aberto

O sistema de abarloamento para rescate de persoas (S.A.R.P.) é un sistema desenrolado e patentado por Industrias FERRI, único no mundo, deseñado para mellorar a seguridade das persoas nos rescates de embarcacións precarias en mar aberto. Arestora traballan na fabricación do primeiro prototipo, que tenta amortecer as diferenzas de movemento entre a embarcación de salvamento e a patera para garantir ao máximo a seguridade das persoas e evitar accidentes e afogamentos.

Instálase no costado do barco de maneira rápida e doada e o seu funcionamento é moi sinxelo.

Desprégase nun curto espazo de tempo, quedando una parte somerxida e a outra en superficie. Isto impedirá que a embarcación a rescatar poida meterse debaixo do barco de rescate ó actuar tamén como defensa e amortiguador entre ambos. Fai mais fácil o desembarco dende a patera, e o acceso a embarcación de rescate, así como o acceso dende o auga.

En Industrias FERRI comezamos a traballar nesta idea no ano 2013 e agora agardamos que a patente, a nivel europeo, se publique o vindeiro 1 de xullo. O proxecto xurdiu da inquedanza de Patricio Fernández, CEO de Industrias FERRI, unida os comentarios e información recibida dos homes do mar dedicados as tarefas de salvamento, SASEMAR, Salvamento Marítimo, Guardia Civil del Mar, cos que o departamento de enxeñaría da empresa desenrolou o primeiro prototipo. A cooperación destas entidades dedicadas ó salvamento permitiu, cos seus coñecementos e comentarios, achegarnos ó prototipo que se probara na Ría de Vigo antes de finalizar o presente ano.

Dende Industrias FERRI insistimos en que o S.A.R.P. é, sobre todo, un proxecto humanitario.

Industrias Ferri , 2018-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (historias-lgbti-2025.jpg) Historias LGBTI da Galicia Orgullosa é un proxecto cunha visión a longo prazo para facer crecer a rede de relatos e lembranzas que axuden a construír un relato máis diverso e real da historia galega. Neste sentido, estase traballando nun espazo dixital colaborativo aberto á cidadanía que parte dunha selección de imaxes históricas e actuais para que calquera persoa poida contribuír a tecer o relato. A exposición, que xa estivo durante o mes de xullo no edificio da Pirámide de San Caetano, recolle imaxes históricas de casos coñecidos, como o de Elisa e Marcela, e doutras experiencias vitais con menos eco como a de Maruja Roca, Manolito Soler ou Dalia Flores.
Foto de la tercera plana (mar-onda.jpg) Entre os fitos máis destacados figuran o desenvolvemento dunha estratexia de observación e monitorización oceánica, apoiada, entre outras, en ferramentas de mapeo da información mariña como FARO e a Plataforma Big Data, que integra e procesa grandes volumes de datos con control de calidade e acceso unificado. Estes recursos consolidan o camiño cara a unha gobernanza baseada en datos e reforzan a sustentabilidade do litoral galego. No marco desta estratexia, Galicia conta agora con novas ferramentas para optimizar a xestión do medio mariño e dos seus recursos, mellorar a resposta fronte a ameazas ambientais e anticiparse aos impactos do cambio climático.

Notas

Durante o proceso de replicación do ADN, a dobre hélice clásica pode reorganizarse de forma transitoria nunha estrutura alternativa coñecida como ADN de tres vías. Estas configuracións forman un cavidade central ben definida, capaz de aloxar moléculas con propiedades e características específicas. O ADN de tres vías asociouse a certos procesos tumorais, emerxendo como unha prometedora diana terapéutica.
Nun contexto no que o transporte marítimo é a vía pola que circula case o 80% do comercio mundial, resulta esencial contar con portos seguros e ben xestionados. Con este obxectivo, o Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente, o Grupo de Redes Neuronais Artificiais e Sistemas Adaptativos o Grupo de Investigación Laboratorio de Enxeñaría do Software están a desenvolver un proxecto innovador nos portos da Coruña, Ferrol e de Malpica.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES