Notas de prensa

Unha selección dos mellores viños do Ribeiro e tres prestixiosos grupos musicais daranse a man nas Burgas no Enofestival de 2018

Gastronomía e música daranse a man o vindeiro día 30 de xuño nas Burgas, no marco do Enofestival 2018, dentro da programación das Festas de Ourense. Esta mañá tivo lugar a presentación do certame, que contará coa participación dos grupos Cooper, Anaut e Mad Mission, cuxa música combinarase coa degustación dos viños de Adegas Celme, Grupo Reboreda Morgadío, Cunqueiro, Vilerma, Eduardo Bravo e Pablo Vidal.

Enfoestvial 2018 é un evento “no que apostamos pola cultura próxima e viva, e poñemos en valor o noso patrimonio, nun lugar emblemático da cidade como son as Burgas”, sinalou a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

O promotor do proxecto, Rubén Amorín salientou a calidade dos grupos participantes, e a subliñou a boa acollida que está a ter o festival entre o público e as adegas e colleiteiros, xa que unha vintena se interesaron en participar, seleccionándose entre elas as 6 que finalmente estarán presentes. Os viños que se degustarán son “unha mostra absolutamente representativa do que se está a facer hoxe no Ribeiro”, asegurou o presidente da Denominación de Orixe Juan Manuel Casares, quen valorou a implicación do Concello en “espallar cultura en manifestacións como a música e o viño”, e apostou por este tipo de maridaxes: “Ourense ten que vender viño e o viño ten que vender Ourense”.

As persoas interesadas poden obter máis información na web www.enofestivalourense.com. As entradas xa están á venda na páxina web Ticketea, no bar Trampitán e na tenda Peggy Records (10 euros na billeteira e 8 en anticipada)

En canto aos grupos, Cooper, cabeza de cartel, suma xa máis de 15 anos de prestixiosa traxectoria musical, con Ãlex Díez á cabeza, probablemente a personaxe máis representativa da escena mod nacional, líder de Los Flechazos, e autor de cancións que forman parte da historia do pop español. Presentarán novo disco: "Tiempo, Temperatura, Agitación".

ANAUT é unha banda madrileña ten editado xa tres álbumes (o último en 2018, "Hello there"), cun cóctel de influencias de soul, r&b, folk e rock, que o converten nun grupo de referencia a nivel nacional.

Completa o cartel os ourensáns MAD MISSION, cuarteto nacido a finais de 2014 cunha proposta de funk rock elegante con enérxicas voces soul, listos para ofrecer un vibrante espectáculo con ritmos impetuosos.

Concello de Ourense, 2018-06-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES