
O acto contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; e o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez.
Rosendo Fernández lembrou que este evento ten como obxectivo "potenciar e poñer en valor a gaita e enriquecer as nosas tradicións musicais coas achegas de gaiteiros que nos visitan doutros lugares, sendo unha aposta decidida pola música tradicional e pola defensa do propio, como vén facendo a Deputación de Ourense". Neste sentido, Xosé Lois Foxo dixo que a Xuntanza "é a verdadeira escola de gaiteiros, pois por ela pasaron os mellores gaiteiros de todo o mundo". Este evento converteuse ao longo dos anos "nun prestixioso foro de ámbito mundial polo que pasaron os máis destacados gaiteiros, e supón un complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense", salientou Rosendo Fernández.
Esta edición da Xuntanza "está dedicada de maneira especial ás gaiteiras, polo cal actuarán destacadas instrumentistas como Brighde Chaimbeul, de Escocia, número un de Europa, ou The Snake Charmer, da India, considerada a gaiteira máis famosa do mundo", explicou Xosé Lois Foxo, quen engadiu que este evento ten como filosofía "unificar este instrumento que aparece na base da música de moitas culturas de Asia, Europa, África; é un dos grandes expoñentes da civilización e, en Galicia, o instrumento nacional". Pola súa banda, Manuel Doval dixo que a gaita é "internacional e representa o que somos porque ao pé da música da gaita únese a identidade que como pobo nos identifica en todo o mundo".
O alcalde de Monterrei destacou a importancia de que sexa a fortaleza de Monterrei o escenario deste evento, e desde o ano 2007, a sede permanente desta Xuntanza, que nos permite continuar a poñer en valor o noso castelo". Ademais, José Luis Suárez explicou que o programa inclúe novamente actuacións pola mañá na Igrexa do castelo, e salientou "a participación no evento de grupos do noso municipio e da bisbarra".
A novidade desta edición é a exposición de gaitas primitivas no hospital do Peregrino, no castelo de Monterrei, que poderá visitarse do 8 de xuño ao 11 de xullo de mércores a domingo, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. "Este complemento turístico é unha nova dimensión que adquire este evento", explicou Foxo.
No acto, tamén se presentou a "gaita do mes" do Museo Internacional de Cornamusas, que nesta ocasión está dedicada a Gajda de Croacia. A música durante a presentación correu a cargo dunha representación da Real Banda de Gaitas: as cantareiras Ana Belén Rodríguez e Cristina Pardo, e o gaiteiro Marco Foxo, quen interpretaron a obra "Pastora do Courel".
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.