
Na súa intervención, o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica gabou a traxectoria do homenaxeado “tanto no ámbito estritamente xurÃdico como no do compromiso pola extensión da lingua galega a este espazo” e mostrou a súa satisfacción “polo feito de que a Irmandade XurÃdica Galega vexa incrementado nada menos que en 21 o número dos seus membros, que coa súa adhesión á Irmandade se comprometen coa promoción da lingua propia de Galicia no ámbito do Dereito”.
Xunto a ValentÃn GarcÃa compartiron a mesa presidencial XoaquÃn Monteagudo, presidente da Irmandade XurÃdica Galega; Antonio López, reitor electo da Universidade de Santiago; Xosé Xoán Barreiro Prado, maxistrado; Consuelo Castro Rei, avogada do Estado; Celsa Muñoz Leira, prouradora; e Xosé Antón Gómez Segade, catedrático xubilado de Dereito Mercantil. Interviñeron ademais o avogado do Estado Benito Montero Prego, encargado de facer a louva do maxistrado homenaxeado, e o propio Luciano Varela, quen agradeceu a distinción.
Un xurista defensor do idioma
Luciano Varela Castro (Pontevedra, 1948) é maxistrado do Tribunal Supremo. A Irmandade XurÃdica Galega acordou concederlle a súa insignia de ouro e nomealo Irmandiño de honra, tal e como se recolle nas actas de reunión da entidade, “polos moitos méritos que nel concorren na defensa do idioma galego, que se concretan na emisión de sentenzas, codirección do Dicionario xurÃdico galego e a formación de opositores a xudicaturas co seu compañeiro tamén maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado, creadores dunha escola de xuristas preocupados pola nosa identidade cultural e lingüÃstica”.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.