
O estudo inclúe asà todas as fases do ciclo de vida, que comeza no momento da pesca, que neste caso se fai con cana e anzol, un método recomendado por organizacións como Greenpeace e WWF xa que limita as capturas, evita a sobrepesca e minimiza o problema dos descartes, isto último de especial importancia para a UE. Ademais, a actividade empresarial realÃzase na planta de Vilanova de Arousa seguindo métodos tradicionais como a cocción en auga de mar, o secado ao aire e a limpeza a man.
Pegada de carbono
Un dos parámetros derivados desta análise foi o calculo da pegada de carbono, indicador ambiental que cuantifica os gases de efecto invernadoiro expresados como kg de CO 2 equivalentes, e que trata de identificar aqueles produtos e procesos máis respectuosos fronte ao cambio climático. No caso da lata de atún ao natural estudada, presenta un baixo impacto (0,71 kg de CO 2 eq) en relación a outros produtos analizados.
Os principais subsistemas responsables dese impacto son o envase (42,6%) e a fase extractiva (34,2%), correspondéndolle a maior porcentaxe á produción de aluminio cun 50,3%, que a súa vez deriva nun 68% de materias primas e nun 32% de restos de metal reciclado. En segundo lugar atópase a fabricación da lata, unha vez se ten o metal co grosor axeitado, cun 29,4%. Xa en menor medida contribúe cun 16,6% o transporte e o laminado do metal cun 3,7%. O estudo tamén define diversas accións de mellora que farÃan reducir aÃnda máis a baixa pegada de carbono que xa posúe.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.