
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, asistiron en Pedrafita do Cebreiro á presentación do novo dispositivo especial de seguridade que porá en marcha o Goberno de España para reforzar a vixilancia do Camiño de Santiago durante esta Semana Santa.
Como explicou o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, o dispositivo estará composto por motoristas da agrupación da Garda Civil de Tráfico e do Seprona, asà como por cabalos do Escuadrón de CabalerÃa e axentes da Garda Civil de Seguridade Cidadá. A través do Plan de Seguridade Xacobea 2018 reforzarase a presenza das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado intensificando os servizos de seguridade e atención cidadá en todos os itinerarios que compoñen o Camiño de Santiago en beneficio tanto das persoas que as recorren como dos bens do Patrimonio Histórico e Cultural.
Nos labores de seguridade participa activamente a PolicÃa Autonómica que desprega patrullas nos camiños de Santiago na longo de todo ano, con especial atención ao Camiño Francés e que, se reforza considerablemente en anos xacobeos, nos que que incrementa a presenza de visitantes. O seu labor de vixilancia fará especial fincapé, en colaboración con Patrimonio, no control de negocios ilegais.
Colaboración entre administracións
Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor a importancia da colaboración entre administracións para sumar medios no obxectivo conxunto de garantir a seguridade dos peregrinos, especialmente en puntos máis vulnerables. Como recordou, desde a Xunta de Galicia trabállase por esta seguridade de maneira permanente, con accións paralelas en distintos ámbitos.
Asà se está a facer a través do Plan Director do Camiño de Santiago, o documento co que desde 2015 o Goberno autonómico resposta ás necesidades actuais da ruta e dos peregrinos, que cada ano son máis e chegan dun maior número de paÃses. A ruta xacobea superou en 2017 por primeira vez a barreira dos 300.000 peregrinos e está demostrando estar máis diversificado que nunca nos seus nove itinerarios por terra e tamén máis internacionalizado, chegando a acoller peregrinos de máis de 179 nacionalidades. No que vai de ano, a cifra global supera os 8.900 peregrinos, chegados de ata 89 paÃses.
Nava Castro tamén puxo en valor a sensibilidade do Goberno galego nesta materia, apoiando iniciativas como a campaña Peregrina seguro que realiza conxuntamente a Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago e a Asociación Stop Accidentes coa colaboración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
O Plan director do Camiño de Santiago inclúe diversas actuacións de sinalización e acondicionamento dos diferentes trazados e contén numerosas medidas relacionadas coa seguridade viaria. Debido á importancia que estes aspectos teñen na xestión do Camiño de Santiago, no ámbito da Comisión da Seguridade Viaria dos Camiños na que participa a Administración autonómica trasladouse a conveniencia de poder incluÃr ao Ministerio de Interior no Consejo Jacobeo.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.