Notas de prensa

Concha Castroviejo. Arelas de liberdade, creación audiovisual gañadora do II Premio Xohana Torres

Este premio é unha iniciativa do Concello de Santiago coa colaboración da USC para a recuperación da memoria histórica das mulleres de Compostela. Aurora Marco e Pablo Ces recolleron o galardón como gañadores do II Premio Xoana Torres 2017 de creación audiovisual polo seu traballo recollido co título: Concha Castroviejo. Arelas de Liberdade.

O xurado destacou a calidade e guión do traballo, as entrevistas realizadas, a incorporación de datos biográficos que supoñen un recoñecemento histórico e polos propios méritos creativos, técnicos e documentais da obra. O Premio Xoana Torres é unha iniciativa recuperada en 2017 con motivo do Día Internacional das Mulleres polo Concello de Santiago coa colaboración da USC orientado á recuperación da memoria histórica das mulleres de Compostela.

No acto de entrega, Aurora Marco recoñeceu que o traballo realizado xunto co seu fillo busca a posta en valor “da entrega das mulleres pola loita feminista” ao mesmo tempo que definiu a Concha Castroviejo como unha muller con “moito talento”. Pola súa banda, Pablo Ces agradeceu a convocatoria “dun premio tan necesario como oportuno, porque o cambio que debe producirse facémolo entre todos e todas”.

Pola súa banda, a asesora da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC Marta Carballo sinalou que o galardón enmárcase “na intensa axenda feministas destas datas” e reivindicouno como clave para “a recuperación da voz das mulleres que escribiron a historia e foron silenciadas”. Finalmente, o alcalde Martiño Noriega definiu a obra premiada como “un agasallo que reivindica a figura de Castroviejo e da cidade”.

Xurado 2017

O Xurado encargado de valorar as obras presentadas a esta segunda edición do Premio conformárono a concelleira Marta Lois González; a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Mª do Carme Silva Domínguez; a profesora da Facultade de Filoloxía Elvira Fidalgo Francisco; o director do Departamento e Historia da Arte, Juan Monterroso Montero; o catedrático da Facultade de Filoloxía, Fernando Cabo Aseguinolaza; o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación Enrique Castelló Mayo; o xefe do Gabinete de Comunicación da USC Lois Celeiro Ãlvarez; e Amparo Verdú Didalgo.

Bases 2018

Nesta edición 2018, ao igual que nas pasadas, ademais de estar dirixido a ensaios literarios ou científicos, mais tamén a traballos audiovisuais que teñan como finalidade explorar a historia social e política das mulleres compostelás, o premio ábrese á participación de calquera persoa de Galicia. Con estes obxectivos, que pasan por recoñecer, valorar e impulsar todo tipo de traballos científicos, literarios e audiovisuais que recuperen a historia social e política das mulleres compostelás, convócase a terceira edición do Premio Xohana Torres.

Os traballos que se presenten ao Premio tratarán da participación social e política das mulleres e terán como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poderán ser ensaios literarios ou científicos ou pezas audiovisuais e sempre se referirán a mulleres compostelás. O prazo de presentación remata o 31 de decembro.

Xohana Torres

Poeta, dramaturga e novelista, naceu en Santiago de Compostela en 1931. A súa infancia e mocidade transcorreron en Ferrol, onde foi alumna de Ricardo Carvalho Calero, con quen se inicia no coñecemento da literatura galega. Comezou a publicar poemas nas revistas Aturuxo, Vida Gallega e Vieiros, e no ano 1958, recibiu o primeiro Premio de Poesía da Asociación de Prensa de Vigo. A súa obra poética mereceu tamén o Premio da Crítica Española (1981).

Como dramaturga é autora das obras à outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre río (1968), esta última Premio Castelao de Teatro. No ano 1971 publica a novela Adiós María, gañadora do Premio de Galicia do Centro Galego de Bos Aires. No ano 1992 foi galardoada co Premio á Creación Feminina, instituído pola Xunta de Galicia. Autora tamén de obras de literatura infantil e tradutora, Xohana Torres obtivo o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña polo seu ensaio San Andrés de Lonxe, mitos e ritos e, no ano 1972, recibiu o Pedrón de Ouro polo seu continuado labor en prol de Galicia.

Como recoñecemento á súa obra, o 15 de febreiro de 2001 foi proposta polos académicos Salvador García Bodaño, Xosé Luis Méndez Ferrín e Xosé Luís Franco Grande para ocupar a vacante na Real Academia Galega que correspondera ata daquela a don Aquilino Iglesia Alvariño, logo do cal ingresou como académica numeraria o 27 de outubro de 2001 cun discurso titulado "Eu tamén navegar".

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-03-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES